CREATECTURA
Levamos dous días formándonos con CREATECTURA!
Como resumo dicir que foi unha formación da que nos levamos moitas cousas boas, onde a máis importante é o cambio de visión e a gran reflexión que debemos facer sobre o plantexamento do que queremos ser e o que queremos conseguir.
Moitísimas grazas a Patricia por abrir moito as nosas mentes e por facer que agora busquemos unha segunda oportunidade a todo o que xa non "serve".
E sobre todo moitísimas grazas a ANPA do noso cole por proporcionarnos oportunidades como estas para seguir descubríndonos coma mestres e mestras.