TERCEIRA XORNADA DE SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES
POLO 15 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL E, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓ "LA NINETTA DELS ULLS" (A MENIÑA DOS MEUS OLLOS), PARTICIPAMOS NA 3ª XORNADA DE SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES.
ESTA FUNDACIÓN CREOUSE COA MISIÓN DE POTENCIAR A INVESTIGACIÓN NO RETINOBLASTOMA, O CANCRO OCULAR MÁIS FRECUENTE EN NENOS E NENAS MENORES DE 6 ANOS.
DURANTE UNS DÍAS ACHEGÁMONOS AO TRABALLO DESTE GRUPO DE PERSOAS, COÑECEMOS ESTA ENFERMIDADE E ALGÚNS DOS SEUS SÍNTOMAS E QUIXEMOS SER PARTÍCIPES DESTA FERMOSA XORNADA.
ELABORAMOS UN ANTIFACE CO SELO DA FUNDACIÓN E REFLEXIONAMOS SOBRE OS PODERES QUE TEMOS, AQUILO QUE NOS FAI ESPECIAIS E DIFERENTES AO MESMO TEMPO.
ACCIÓNS COMO ESTA XORNADA AXUDAN A FORTALECER O AUTOCOÑECEMENTO E A AUTOESTIMA, NON SÓ DOS PACIENTES DE CANCRO INFANTIL, SENÓN DE TODOS OS NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN.
AGORA XA TEMOS O SELO DE "ESCOLA CON SUPERPODERES".
E TI, QUE SUPERPODER TES??
MÚSICA: BSO THE INCREDIBLES. MICHAEL GIACCHINO
PODEDES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN CLICANDO AQUÍ https://fundaciolaninetadelsulls.org/es/