- TIC´S 6º 26/3/2020
DEBIDO Á CORENTENA, SEGURO QUE ESTADES A USAR MÁIS DO HABITUAL: O ORDENADOR, A TABLET, A TELEVISIÓN....(ÁS VECES NON NOS QUEDAN MOITAS MÁIS OPCIÓNS). PROPOÑO DARLLE UNHA VOLTA ÁS NOSAS CLASES DE TIC´ S, A VER QUE VOS PARECE; ESCOLLEDE UN CONTO E ILUSTRALO (FACÉDELLE OS DEBUXOS), DESPOIS: PODEMOS MONTAR UN VÍDEO (PODÉDELO FACER NA CASA, OU O FACEMOS DESPOIS NO COLE), FACER UNHA COLECCIÓN DE LIBROS ILUSTRADOS POLO ALUMNADO DE 6º DE E.I. DAS DUNAS, LERLLOS AOS NOSOS COMPAÑEIR@S.....
ESTA ACTIVIDADE É PARA FACER AO LONGO DE TODA A CORENTENA, É VOLUNTARIA, SE AO PEQUE NON LLE APETECE FACELA, QUE NON A FAGA. O QUE PRETENDO CON ESTA ACTIVIDADE É TRABALLAR A IMAXINACIÓN, A CREATIVIDADE E SOBRE TODO, FACERLLES A CORENTENA O MÁIS AGRADABLE, DIVERTIDA E ENTRETIDA POSIBLE.
A CONTINUACIÓN DÉIXOVOS UN EXEMPLO; É O CONNTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA, ILUSTRADO POR ALUMNADO DÁ ESCOLA HAI UNS ANOS.