Esta disciplina proporciona unha visión da comunicación gráfica e dos elementos interrelacionados que interveñen na mesma para utilizar a linguaxe visual propia do Deseño. Transmite as bases sobre conceptos como a percepción e a comunicación visual co obxectivo de poder desenvolver e dar forma a proxectos adaptados a requisitos concretos e á cultura do momento.