O uso de programas converteuse nun requisito indispensable en calquera ámbito relacionado coa comunicación visual e gráfica. Nesta disciplina introducirémonos no manexo de diferentes tipos de software e profundaremos no seu uso dentro das fases dos diferentes proxectos que vertebrarán os contidos.

Mediante o uso de programas como Adobe Photoshop, Illustrator e InDesign, conseguiremos unha visión global, práctica e eficaz do uso dos programas máis estendidos nas diferentes industrias relacionadas coa comunicación visual.