A materia aporta ao alumnado coñecementos teóricos e prácticos das técnicas, conceptos, terminoloxía, métodos e procesos da produción gráfica. A finalidade é que poida preparar a arte final dun proxecto de deseño gráfico para a súa publicación en medios impresos, coñecendo os seus límites técnicos e as súas posibilidades creativas. Trátase de que saiba utilizar diferentes tipos de soportes, materiais, técnicas e recursos expresivos axeitados ao medio e ao receptor final.
- Profesor: cosme fernández gonzález