Novas  Galerías  Ligazons

Blogues

Roupa Solidaria. Campaña 2015. Reparte, doa, colabora

 

Ata o 16 de marzo, na lavandería e punto solidario, iniciamos a campaña 2015 de roupa solidaria. Anímate a colaborar e doar a roupa que non necesites para aquela xente para a que lle resulta vital. ¡Contamos contigo!

Obradoiros de Cociña ¡Apúntante!

 

¡Apúntate os obradoiros de cociña! Podes facelo na conserxería do Crd ata o día anterior de cada obradoiro. Aprende a facer corazóns de enamorados, descobre o sabor de Italia e saca o cociñeiro que levas dentro preparando entrantes e aperitivos saborosos. ¡Agardámoste no Crd!

Castaña Solidaria ¡Axuda cooperando!

 

Anótate no teu colexio para participar na recolleita de castañas destinadas a Institución Benéficas. ¡Colabora axudando! Co te esforzo pódese facer moito máis do que pensas.

 

Campaña 2014-2015 Tapones Solidario

 

 

Un ano máis, o CRD comprométese coa campaña "Tapones Solidarios", porque algo tan sinxelo como doar un tapón pode salvar unha vida e o planeta. 

Contamos con todos vos para superar a cantidade recolleita o ano pasado. O que a vos xa non vos sirve pode ser moi importante para outra persoa

 

 

 

O CRD deséxavos un feliz nadal e un próspero aninovo

E non se nos ocurre unha mellor maneira de facelo que coa postal gañadora do "Concurso de Postais de Nadal do CRD 2014". A Autora e Antía Baget Fresard, alumna residente do CRD e do IES Adormideras e ademáis toda unha artista

¡Este ano entregamos 1364 litros de leite!

E unha honra para nos anunciar que este ano repartimos 1364 litros de leite entre Padre Rubinos, a Cociña Económica e o Banco de Alimentos. Moitas grazar por facer posible isto. E o vindeiro ano intentaremos acadar unha cifra mais alta.

 

Entregados 600 litros de leite para o banco de alimentos

Relación definitiva de persoas excluídas e admitidos

Resolución do 15 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de solicitantes excluídos, indicando a causa da exclusión, e as puntuacións definitivas dos admitidos, indicando a puntuación académica, a socioeconómica e a total, de acordó co previsto no artigo 33 da Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia en período extraordinario nos Centros residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo (DOG 113, do 16 de xuño de 2014).

Relación provisional de solicitantes excluídos y admitidos

Resolución do 6 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de solicitantes excluídos, indicando a causa da exclusión, e as puntuacións provisionais dos admitidos, indicando a puntuación académica, a socioeconómica e a total, de acordó co previsto no artigo 29 da Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo (DOG 113, do 16 de xuño de 2014).

Relación definitiva Prazas

Relación definitiva de solicitudes de prazas para alumnos de nuevo ciclo curso escolar 2014/2015

1. Relacion definitiva persoas EXCLUIDAS A Coruña

2. Listaxe puntuacions definitivas _MULLERES_  A Coruña

Relación definitiva Prazas Colaboradores

Adxuntamos relación definitiva prazas colaboradores

 

Descargar relación definitiva de prazas colaboradores

Distribuir contido