Banner de creagal

Información básica para empregar os recursos educativos abertos do proxecto cREAgal

Nesta páxina atoparás información de como utilizar os recursos do repositorio do proxecto cREAgal directamente na aula virtual do teu centro. Lembra que tamén os tes dispoñibles na plataforma EVA Edixgal.

Os recursos cREAgal son recursos educativos abertos (REA) desenvolvidos por profesorado galego empregando a ferramenta eXeLearning (extensión de arquivo .elp). Podes utilizalos, modificalos e difundilos libremente, coa única condición de respectar a licenza CC BY-NC-SA que teñen.

Todos os recursos están baseados no deseño universal de aprendizaxe (DUA), empregando metodoloxías activas orientadas a que o alumnado galego acade as competencias clave, co obxectivo de facilitar o labor docente cun enfoque híbrido e universal que permite a adaptación dos mesmos á realidade das aulas.

Os REA do proxecto cREAgal cubren íntegramente os currículos de cada materia. No repositorio atópanse os recursos para o alumnado e as correspondentes guías didácticas para o profesorado, onde se explica como aplicalos na aula e a súa relación coa programación de exemplo de PROENS.

 

Como importar e utilizar directamente  un recurso cREAgal nas aulas virtuais

Se o recurso xa se adapta ás túas necesidades e non precisas modificalo, podes utilizalo directamente na túa aula virtual en formato SCORM (podéndose gardar as puntuacións da maioría das actividades interactivas do recurso), ou ben en formato WEB (optimizado estéticamente). Aquí tes un sinxelo videotitorial explicando como facelo:

 


Como importar e modificar un recurso cREAgal coa ferramenta de eXe online nas aulas virtuais

Xa están dispoñibles en Moodle os plugins para poder editar en liña os teus recursos de eXeLearning tanto en formato SCORM como WEB. O seguinte videotitorial explica como importar e modificar os recursos cREAgal nas aulas virtuais:

 

 

Como editar un recurso cREAgal directamente coa ferramenta eXeLearning, fóra da aula virtual

Por último, en cada recurso atoparás  a opción de descargar o ficheiro .elp que che permitirá editar o recurso directamente coa ferramenta eXeLearning, fóra da aula virtual. No seguinte videotitorial podes ver como facelo de maneira sinxela:

 

 

Última modificación: mércores, 16 de outubro de 2024, 10:00 AM