CURSO 2023-2024!

 

Benvidos/as ao novo curso 2024-2025!

Podedes consultar a orde que aproba o calendario escolar do presente curso premendo AQUÍ.

O horario de atención ao público do Equipo Directivo durante o mes de setembro será baixo cita previa e a partir de outubro de luns a xoves de 12:30 a 14:00 horas.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto nos seguintes teléfonos/whatsapp:

SEDE: 886 15 17 24

DIRECCIÓN/VILARELLO: 605 48 41 41

SECRETARÍA/FERREIRÓS: 695 79 10 20

CAMPAÑA: 695 79 10 22 

CHENLO: 635 06 88 00

FORNO: 605 48 41 49

XANZA: 691 15 17 48

 

Ou enviando un email a cra.valga@edu.xunta.gal 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN (alumnado que comeza INFANTIL)

 

 

COMO REALIZAR O TRÁMITE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA?

Podes realizar o trámite de varias maneiras:

- De xeito presencial: Aquí atoparás a solicitude de admisión que deberá ser entregada na sede do CRA de Valga (Campaña) do 1 ao 20 de marzo, de luns a xoves en horario de 12:30 a 14:00 horas ou os martes de 16:00 a 18:00 horas xunto coa restante documentación precisa (libro de familia, fotocopia do DNI do neno/a e das persoas proxenitoras, sentenza de separación, acreditación de necesidades especiais...).
- De xeito electrónico: Aquí poderás realizar o trámite.
 
Se non puideches asistir á Xornada de Portas Abertas, podes acudir á sede do CRA (Campaña) para que che proporcionemos un documento de solicitude de admisión e concertar unha visita ás escolas que desexes.
 
Para calquera dúbida chámanos ou mándanos un whatsapp ao 605 48 41 41. Tamén podes escribirnos un email a cra.valga@edu.xunta.gal

 PUBLICACIÓN DE DOCUMENTOS REFERIDOS Á ADMISIÓN E MATRÍCULA:

- Listaxe de vacantes ofertadas por escolas para o vindeiro curso 2024-2025.
- Listaxe de admitidos e excluídos definitiva: todas as solicitudes de admisión presentadas foron admitidas.
- Formalización da matrícula: prazo do 20 ao 30 de xuño.
 
 
NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación.
 
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
 
 
 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA (PRIMARIA)

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO:

O alumnado de 6º curso de Educación Infantil que desexe reservar praza no seu centro adscrito de Primaria (CAMPAÑA-XANZA-CHENLO NO CEIP BAÑO XANZA e FORNO-FERREIRÓS-VILARELLO no CEP FERRO COUSELO) ten de prazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro para realizar dita solicitude. Poderá realizala das seguintes maneiras:

  • Telematicamente mediante a aplicación admisionalumnado (xunta.gal)
  • Descargando o formulario que adxuntamos AQUÍ e entregándoo no CRA de Valga.
  • Cubrindo o formulario que lles será entregado polas mestras titoras nos vindeiros días e entregándoo no CRA de Valga.

 

IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE DESEXE CONTINUAR A EDUCACIÓN PRIMARIA NUN CENTRO DIFERENTE AOS ADSCRITOS XA SILANADOS, DEBERÁ REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO MES DE MARZO.

 

ACTUALIDADE:

- TODO O ALUMNADO QUE FIXO RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO CEP FERRO COUSELO ESTÁ ADMITIDO. 

 

PREGUNTAS FRECUENTES:

- O meu fillo/a está matriculado/a na Escola de Campaña e quero que curse Primaria no CEPP Ferro Couselo. Podo facer a reserva de praza agora? Non. Xa que o CEP Ferro Couselo non é o centro adscrito da Escola de Campaña, senón o CEIP de Baño Xanza. Por tanto, deberás agardar ao período de admisión para solicitar praza nun centro non adscrito.

-  O meu fillo/a está matriculado/a na Escola de Chenlo e quero que curse Primaria no CEIP Baño Xanza que é o seu centro adscrito. Xa teño os documentos cubertos, podo ir ao cole novo a entregalos? Non, a documentación de reserva de praza debe ser entregada no CRA de Valga.

- Obrigatoriamente debo realizar a reserva de praza no centro adscrito de Primaria que lle corresponde a cada escola? Non, podes elixir calquera centro educativo sempre e cando teña prazas vacantes, independentemente do Concello no que se resida. Pero se non é o centro adscrito, deberás agardar a marzo para realizar a admisión.

- Cales son os centros adscritos que lle corresponden a cada escola? A Campaña, Chenlo e Xanza correspóndelles o CEIP Baño Xanza. A Forno, Ferreirós e Vilarello correspóndelles o CEPP Ferro Couselo.