Letras Galegas

Contos Era un airiño soave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe

Era un recendo de rosas
da roseira de ningures
que se meteu pola porta

Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra

Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas...
Eras ti!
                                    Xosé María Álvarez Blázquez " O que ben che quer ".