PASEOS AO MONTE

 

Por fin chegou o bo tempo, e saimos a unha finca de castiñeiros, que temos moi cerquiña da nosa escola, e pola que pasa o río Santa Lucía. Temos uns veciños marabillosos que nos deixan cruzar pola súa finca e  non ter que ir pola beirarrúa chea de tráfico.

 

 

Xa alí, merendamos nunha fermosa e grande mesa grazas aos propietarios que nos permiten disfrutar deste fermoso lugar.

 

 

Tirar pedras e desfrutar á beira do río...Isto é vida!