Actividades complementarias
MAGOSTO 2013
O VENRES 15 DE NOVEMBRO
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO VOLVEU Á ESCOLA DE VACARIZA PARA COMPARTIR COA VECIÑANZA A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
ver
Festexamos: Magosto
- APIs de Blogue
VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO: UN LUGAR PARA APRENDER
O prómimo martes 28 de maio visitaremos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un lugar estupendo para rematar o curso retomando moitas das cousas que traballamos ao longo do ano a través do noso proxecto histórico.
O Parque Arqueolóxico é un lugar para aprender, pero tamén para divertirse e emocionarse cos petróglifos e cos grupos humanos da Idade do Bronce que os crearon no pasado. Na nosa visita, o parque ofrécemos unha viaxe emocionante ao pasado guiados por monitores especializados, que pasa polas seguintes etapas:
- Paseo pola área arqueolóxica, na que é posible observar os deseños xeométricos e naturalistas propios dos petróglifos galegos, e contemplar algúns dos paneis gravados máis salientables de Galicia.
- Acceso á recreación dun pequeno poboado da Idade do Bronce, un espazo no que é posible realizar unha viaxe no tempo e aproximarse aos modos de vida propios desa época.
- E si da tempo: realización dun pequeno obradoiro.
Queridos alumnas e alumnos todo isto nos espera en Campo Lameiro non vos queremos mostar máis fotos para non "destripar" toda a visita, con este aperitivo pretendemos que se abra o voso apetito investigador e queirades vir ao parque para ser arqueólogos por un día facendo "traballo de campo", dende o equipo de Atividades Complementarias vos animamos a participar. Moitos biquiños a ata a próxima.
- APIs de Blogue
Un pouco de historia: benvidos ao Castelo de Soutomaior
Queridos chicos e chicas como xa sabedes este ano estámonos mergullando na historia dos nosos ancestros a través do proxecto de arqueoloxía que estamos levando a cabo nas nosas escolas. Por iso querémosvos informar de que o próximo mércores 10 de abril a nosa "máquina do tempo" nos vai levar ata a Idade Media, xa que imos coñecer o Castelo de Soutomaior.
Este castelo é un dos grandes monumentos medievais mellor conservados de toda Galiza. A construcción orixinal data do século XII, é dicir que foi construido nada máis e nada menos que fai 900 anoooos!!
Ao longo do tempo foi reformado en varias ocasións polo que presenta unha gran variedade de técnicas constructivas, aínda que o conxunto se considera de estilo neogótico. O seu máximo esplendor veu da man de Don Pedro Álvarez de Sotomaior, máis coñecido como Pedro Madruga que gobernou o castelo durante gran parte do século XV, chegando a ser o señorío máis importante do noroeste peninsular nesta época.
Antes de atravesar os seus muros nos gustaría contarvos un pouquiño o que imos ver o mércores, porque este castelo é un castelo de película! Imaxinádevos, para entar no seu interior imos ter que pasar por unha auténtica ponte levadiza!
Ao conxunto amurallado accédese por esta ponte e sobre a porta levántase o escudo dos marqueses de Mos. Enfronte atópase a coñecida como "Torre da Homenaxe", que é considerada como un elemento de dominio máis que defensivo, e que tamén se utilizaba para labores de vixiancia debido á súa grande altura.
Xa no seu interior podemos observar os muros interiores e as almeas dende o patio de armas, e tamén deleitarnos coa chamada "Galería das Damas", que lle resta dureza ao conxunto fortificado:
O muro exterior defensivo ten unha forma ovalada irregular que se adapta, en certo modo, ás rocosidades do terreo:
Na zona de "extramuros", é dicir na parte do castelo de fóra das murallas, atopámonos cuns maxestuosos xardíns ornamentais, que contan cunha rica e variada flora : podemos deleitarnos tanto cun estanque, como cunha praza rodeada de plátanos, como cunha avenida de hortensias ou coa famosa colección de camelias:
Ou tamén nos podemos encontrar con castiñeiros centenarios algúns de 800 anos de antigüedade, case tantos como ten o castelo!
E xa por último no interior do castelo, podemos visitar as estancias palaciegas totalmente restauradas, e soñar e imaxinar como vivían as fermosas damas e os valentes cabaleiros da Idade Media galega:
Pois todo isto imos ver. Así que ... só esperamos que estas fotos servan para abrir o voso apetito científico e teñades gañas de vos converter en historiadores medievias, e como non, tamén esperamos que "este aperitivo" vos faga esperar este día con moita ilusión.
Agora só nos queda esperar a ver si o tempo acompaña para poder disfrutar desta maravilla arquitectónica.
Moitos biquiños , e ata outra!
CALENDARIO DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA O 2º TRIMESTRE
CALENDARIO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
2º TRIMESTRE CURSO 2012-2013
XANEIRO
L |
MT |
MC |
X |
V |
S |
D |
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 CASTRO NEIXÓN |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 CASTRO NEIXÓN |
25 CASTRO NEIXÓN |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FEBREIRO
L |
MT |
MC |
X |
V |
S |
D |
|
|
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 ENTROIDO |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
|
|
|
MARZO
L |
MT |
MC |
X |
V |
S |
D |
|
|
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 BIBLIO |
8 |
9 |
10 |
11 POLI |
12 POLI |
13 POLI |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 SALÓN DO LIBRO |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
- APIs de Blogue
VISITAMOS O CENTRO ARQUEOLÓXICO DA BARBANZA
Ola a todos e a todas como xa saberedes este xoves iniciamos ás visitas ao Centro Arqueolóxico da Barbanza que realizaremos en tres quendas. As escolas de Quintáns, Vacariza e Capela, fumos as primeiras en ir e nos gustaría compartir a nosa experiencia para que vos fagades unha idea do que vos ides atopar e porque non? tamén para darvos un pouco de envexa ja, ja ...porque aprendimos moitas cousas e o pasamos moi ben.
A visita iniciase no soto do centro onde asistimos todos xuntos a unha proxección dun documental sobre o modo de vida e cultura dos nosos ancestros, dura moi pouquiño uns 12 ou 13 minutos e ten imaxes moi interesantes.
A continuación subimos á entrada do centro e alí nos dividiron en dous grupos: un grupo se dirixiu ao 1º andar e ao outro nos levaron a visitar o salón de abaixo.
Primerio estivemos observando unha maqueta da Península do Barbanza, nos explicaron onde estaba Rianxo de onde nós viñamos e onde estaba Neixón, logo tivemos que premer nuns botóns e se acendían unha luceciñas pero... xa descubriredes que significaban cando vaiades ja, ja... non imos desvelar todos os segredos! Aínda que xa sabemos que hai nenos que coñecen o centro de ir coas súas familias.
Despois non ensinaron as ferramentas prehistóricas que utilizaban os homes e mulleres que poboaron os castros, e o mellor de todo e que as puidemos tocar!
Alguén sabe de que ferramentas se trata?
Logo o pasamos xenial pois entramos dentro dun castro, e cando estabamos dentro nos explicaron como vivían os seus habitantes, que comían , como cociñaban, onde gardaban as cousas...
Logo subimos ao 1º andar para ver a segunda parte da exposición, dentro das vitrinas había restos arqueolóxicos moi importantes: muniños de pedra, agullas de coser , restos de ánforas, moedas....
Logo voltamos á entrada e alí fixemos un pequeno obradoiro: puidemos moer cereal facendo a fariña igual cos nosos ancestros, esperamos que almorcedes moi ben ese día porque hai que ter moita forza :
O pasamos tan ben que ata as profes se animaron, a pena foi que no muiño de pedra só poden moer os máis altos porque os peques non chegan:
E despois rematamos a visita vendo ás anforas rescatadas dos barcos afundidos naqueles tempos, e unha pedra moi especial para o CRA, xa que foi atopada polo avó dun dos nosos alumnos. Vos soa a historia? Pois preguntade en Cruceiro B:
Despois da visita tivemos tempo para merendar tranquilamente:
Ao rematar iamos a empreder o camiño para ir a ver o castro pequeno de Neixón, pero non foi posible porque se puxo a chover e tivemos que voltar ás escolas. Esperamos que o resto teñades máis sorte, nós nos tivemos que conformar con velo en fotos:
Bueno pois xa vedes, ata aquí o que deu de sí a nosa visita, esperamos que vos faga ilusión ir a vos tamén , como vedes o pasamos moi ben e vimos moitas cousas ainda que non puidemos ir ao castro. Deixámosvos coa galería de fotos sobre a visita, e desexámosvos que os pasedes todos tan ben coma nós. Esperando os vosos comentarios, moitos bicos e ata a próxima!
- APIs de Blogue
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (2º TRIMESTRE)
Pendente de data:
- Concerto didáctico ou similar.
- Visita dos bombeiros.
- Ruta de senderismo pola senda do río Té.
- O tren da lingua (primaria)
- APIs de Blogue
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (3º TRIMESTRE)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
- APIs de Blogue
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (2º TRIMESTRE)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
- APIs de Blogue