Natureza
VISÍTANOS A NAI DE MIGUEL
Os nenos de infantil estamos aprendendo cousas sobre os bosques e en primaria, estudamos un monte de cousas interesantes sobre as prantas.
Que mellor maneira para aprender aínda máis destes cousas que velas de preto! Así pois, convidamos a Isabel, a nai de Miguel a vir á escola xa que ela é florista e sabe un montón de cousas sobre flores e prantas de todo tipo. Tanto silvestres como cultivadas.
Cando chegou xa nos entusiasmamos, xa que traía unha morea de cousas bonitas para que visemos. Plantas de interior, de exterior, árbores froiteiras...
Explicounos como prantar árbores e como coidar ben as plantas. Ensinounos unhas flores ben bonitas, e ademais díxonos que os tulipáns viñan de Holanda!
Foi unha visita moi agradable por todo o que aprendemos, pero ademais antes de irse, fíxonos un agasallo estupendo. Un clavel para cada un e tamén uns caramelos.
Moitas gracias por visitarnos Isabel!
- APIs de Blogue
MARCOS TRAE A UNHA AMIGA
Despois de cumplir coa misión do Capitán Planeta, surxiu entre todos os nenos e nenas da escola, unha forte curiosidade polos bechos. Tanto foi así, que Marcos fixo unha nova amiga no parque.
Nada máis e nada menos que unha langosta ben grande! Pero non das do mar, senón un insecto. Él tróuxoa encerrada nunha caixa de plástico aberta por unha esquina para que poidese respirar ben e ademáis traia unha idea na cabeza que nos gustou a todos. Marcos pensaba que o insecto levaba preso moito tempo, xa que a capturara con coidado o día anterior, e polo tanto desexaba liberala na herba, ó lado da escola.
Un final ben bonito, xa que os seres vivos deben estar sempre felices e en contornas agradables. Antes de ceibalo iso si, fixemos unha investigación na clase, como bos científicos que somos.
Contámoslle as patas para comprobar que tivese 6, e polo tanto confirmar que era un insecto, indagamos sobre a súa familia en internet e comparámola incluso cun dos murais de animais da nosa aula, para ollar as semellanzas e diferenzas.
Finalmente despedímonos dela e ceibámola con moito cariño na herba próxima á escola.
Foi unha experiencia ben bonita! Aquí vola deixamos!
- APIs de Blogue
OUTONO
CO PASO DOS DÍAS ALÓ SE NOS FOI O VERÁN.
E CANDO CHEGOU, O OUTONO QUIXO TAMÉN VIR Á ESCOLA. POR ISO LLE FIXEMOS UN "MUSEO"
CON TODO O QUE VAN APORTANDO AS NOSAS FAMILIAS TEMOS DABONDO PARA VER, APRENDER E ....COMER!!
- APIs de Blogue
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
TODOLOS NENOS E NENAS DO C.R.A FUMOS ATA A PRAIA
DE TANXIL PARA RECOLLER O LIXO QUE A XENTE
DEIXA TIRADO.
ESPEREMOS QUE TODO O MUNDO SEXA CADA VEZ
MÁIS CONSCIENTE DA IMPORTANCIA DE MANTER LIMPO
O NOSO ENTORNO.
PREMEDE PARA VER O GRUPO DE INFANTIL:
- APIs de Blogue
VOZ NATURA : O NOSO XARDÍN
VOZ NATURA : O NOSO XARDÍN
HOXE POR FIN, APROVEITANDO UN TEMPO QUE ESTIVO SEN CHOVER, PUIDEMOS FACER O NOSO XARDÍN PLANTANDO PLANTAS VARIADAS :
- AROMÁTICAS E CULINARIAS : LAVANDA, ROMERO, TOMILLO LIMÓN E INCIE NSO
- ORNAMENTAIS : GERBERAS, VERBENAS E DISTINTOS TIPOS DE XERANIOS - ZONAIS, PELARGONIMUN E XITANILLA.
- ARBUSTIVAS : ERIOSTEMUM, CHAMATEACIUM UNCINATUM (FLOR DE CERA), LEPTOESPERMUM, AZALEA E PSEUDANTHUS PIMELEA
TAMÉN TEMOS PETUNIAS RESERVADAS, PARA OFRECER UNHA SORPRESA A ALGUÉN IMPORTANTE PARA NÓS. É UN SEGREDO.
TIVEMOS QUE FACER UNHAS PANTUFLAS CON BOLSAS DE PLÁSTICO PARA PODER IR SACHAR PORQUE A HERBA ESTABA MOI MOLLADA.
E ASÍ BEN PERTRECHAD@S FOMOS SACHAR PARA FACER O NOSO XARDÍN
SE QUEREDES VER TODO O TRABALLO ACOMPAÑAD@S DO VALS DAS FLORES DE TCHAIKOVSKY PREMEDE ABAIXO
MOITAS GRAZAS A INÉS, A AVÓA DE TAHIRA POLA SÚA AMABLE COLABORACIÓN E DISCULPAS AO RESTO DAS FAMILIAS POR NON AVISALAS CON ANTELACIÓN ; SEI QUE ESTARÍAN ENCANTADAS DE PARTICIPAR PERO NON FOI POSIBLE.
- APIs de Blogue
DECORAMOS O CARTEL DE VOZ NATURA
E ASÍ NOS QUEDOU O NOSO CARTEL DE VOZ NATURA
AGORA SÓ QUEDA PLASTIFICALO E PEGALO NA VENTANA
- APIs de Blogue
ECO-MAR
CON CADA VISITA DOS BIOLOGOS DE ECO-MAR DÁMONOS CONTA DE QUE CANTO MÁIS SABEMOS SOBRE O MAR, MÁIS QUEREMOS SABER AÍNDA.
DESTA VEZ MARÍA VEU ACOMPAÑADA DE DAVID, PORQUE YOLANDA...
ESTÁ A ESTUDAR ÁS FOCAS EN ESTOCOLMO !!
Situamos Estocolmo no globo terráqueo |
Descubrimos que lagostas e cangrexos mudan o caparazón |
Tocamos un dos 300 dentes dun tiburón ... |
e un fósil mariño atopado nunha montaña de 2.000 metros |
E ADEMAIS COÑECEMOS E COIDAMOS DURANTE DOUS DÍAS UNHA CHEA DE OVOS DE ARTEMIA
- APIs de Blogue
CABALIÑO DE MAR
A MAMÁ DE ALEX ATOPOU, ENTRE A MERCANCÍA DA CONSERVEIRA,
UN PEQUENO CABALIÑO DE MAR
CONSULTAMOS NOS NOSOS LIBROS INFORMACIÓN SOBRE ESTES PEQUENOS HABITANTES DO MAR
E SORPRENDEUNOS DESCUBRIR UN DATO: AS FEMIAS DESTA ESPECIE DEPOSITAN OS OVOS NUNHA ESPECIE DE BOLSA NO VENTRE DO MACHO, QUEN OS INCUBA ATA O MOMENTO DO NACEMENTO DOS PEQUENOS CABALIÑOS DE MAR
- APIs de Blogue
DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA POESÍA
O 21 DE MARZO FESTEXAMOS O DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E O DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
APROVEITANDO A SEMANA DA FROITA, INVESTIGAMOS SOBRE OS FRUTAIS QUE COÑECÍAMOS, OS SEUS NOMES, AS FROITAS QUE DABAN; ASÍ COMA OS FRUTAIS QUE SE ATOPABAN NA ESCOLA.
MACEIRA |
MAZÁ |
LIMOEIRO |
LIMÓN |
FALAMOS DA IMPORTANCIA DA NATUREZA NA NOSA VIDA E O SIMBOLIZAMOS PRANTANDO UNS GLADIOLOS NO XARDÍN.
FIXEMOS O BURATO, EMPREGANDO O SACHO |
COLOCAMOS O BULBO, DENTRO DO BURATO PREVIAMENTE FEITO |
CUBRIMOS BEN CON TERRA |
REGAMOS A ZONA PRANTADA |
ESTA CERCANÍA COA NATUREZA FÍXONOS LEMBRAR A UNHA ESCRITORA E POETISA CON FORTES RAÍCES COA NOSA TERRA GALEGA, ROSALÍA DE CASTRO. CONMEMORANDO ESTE DÍA, DECIDIMOS RECITAR O SEU POEMA: "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES".
(PARA VER O VÍDEO HAI QUE PULSAR NO BOTÓN DEREITO - REPRODUCIR)
- APIs de Blogue
DO MAR
UN XABRÓN, UNHA GOMINOLA, UN MEDICAMENTO.
SON PRODUTOS QUE QUITAMOS DA CAIXA QUE NOS TROUXO YOLANDA E QUE ESTÁN ELABORADOS CON SUBSTANCIAS QUE PROVEÑEN DO MAR.
NÓS XA LEMBRABAMOS DO CURSO PASADO QUE COAS ALGAS SE PODEN ELABORAR XELATINAS, PERO NON SABIAMOS NADA DE MEDICINAS FEITAS CON CARTÍLAGO DE TIBURÓN OU DE BABOSAS MARIÑAS QUE PODEN CURAR O CANCRO !!
- APIs de Blogue