2013-2014
AS CABACEIRAS
XA FAI ALGÚNS DÍAS QUE ESTAMOS FALANDO DOS FROITOS QUE NOS TRAE O OUTONO.
UN DELES, A CABAZA, VAI SER A PROTAGONISTA ESTA SEMANA...
SABEMOS QUE PRECISAMOS UNHA PARA O SAMAÍN,
PERO,.... DE ONDE VEN? PARA QUE SERVEN? SO SE SEMENTA PARA TRAER NÓS Á ESCOLA?...
COA COLABORACIÓN DAS NOSAS FAMILIAS VÁMOLO IR DESCUBRINDO.
COA AXUDA DE MARCO, ADRIÁN E LAURA E DAS RESPECTIVAS FAMILIAS XA SABEMOS DE ONDE VEÑEN,
COMO É A PLANTA DA CABACEIRA, AS FOLLAS, A FLOR,ONDE SE ACOSTUMA A SEMENTAR....
E TAMÉN DESCUBRIMOS QUE NALGÚNS SITIOS SE CHAMAN CALACUEIRAS
E OS NOSOS VECIÑOS OS PORTUGUESES CHÁMANLLE ABÓBORA
- APIs de Blogue
COÑECENDO AS NOSAS EMOCIÓNS
Ola a todos e a todas, xa están de volta as novas de Relixión, esperamos que nos votásedes moito de menos. Como cada ano os nenos e nenas de Reli do CRA empezamos o novo curso con moita ilusión. Neste inicio de curso falamos do importante que son as emocións nas nosas vidas. A través da figura do noso amigo Xesús descubrimos que non debemos deixarnos arrastrar polas emocións negativas, xa que con iso só conseguimos perxudicarnos a nós mesmos e aos demáis. Xesús dicía cousas como "se te pegan pon a outra meixela", "ama aos teus inimigos" ou "perdoa ata setenta veces sete", todas estas cousas son moi difíciles de facer verdade? pero podemos intentar levarnos o mellor posible para ser máis felices e descubrir o que significa a verdadeira amizade.
Con este fin traballamos un conto titulado "Un lío de monstros" e nos demos conta do importante que é non deixarse levar pola rabia ou o enfado porque pode ter unhas consecuencias catastróficas. Se queredes saber o que lle pasou aos seus protagonistas non deixedes de ler:
UN LÍO DE MONSTROS
( adaptación do conto "Un Halllowen diferente" de Pedro Sacristán cuentosparadormir.com)
Fai moitos, moitos anos, o país dos monstros era un lugar marabilloso. Os monstros eran seres larpeiros e agarimosos que lle querían moito aos nenos, se xuntaban para facer picnis onde comían moitas lambetadas, xogaban e lle contaban contos aos nenos e ás nenas.
Pero un día algúns monstros tiveron unha gran liortada por mor dun caramelo. empezaron a discutir por ver quen o papaba, e os seus berros arrepiantes asustaban ata ao máis pintado:
Tanto e tanto berraron que ata as propias letras que pronunciaban se asustaron e empezaron a fuxir de aquel lugar:
Ao final como non paraban de berrar case non quedou ningunha letra coa que pronunciar palabras:
Entón todo o que dicían os monstros deixou de comprenderse. só quedaron unhas poucas letras valentes como a A, a R ou a G. Os monstros so podían dicir palabras como ARRRRG!, AAAAAAH! ou GRRRR! Polo que a partir de entón os nenos lle empezaron a coller medo por falaren dese xeito, e empezou a extenderse a idea de que os monstros eran seres malvados que só querían facer dano:
Esta situación se prolongou por moito tempo, ata que unha nena que paseaba polo país dos monstros encontrou ás letriñas agochadiñas co medo debaixo dunhas follas. Esta nena, era unha nena moi especial que conservaba un amigo monstro, moi simpático e listo, que ao ver que todo o que dicía asustaba aos demais, se fixo pasar por mudo e entón seguía sendo amigo dos humanos:
A nena levou as letriñas para a súa casa para coidalas e as meteu nunha caixiña. Esa noite cando o seu amigo monstro a foi visitar púxose moi contento ao ver as letras desaparecidas, por señas pediulle á nena que llas prestara e por fin puido falar. Por primeira vez a nena escoitou a doce voz do monstro:
Entón os dous acordaron devolver as letras ao país dos monstros e se foron coa caixiña de porta en porta para que todos os monstros puideran volver dicir cousas agradables:
Tan contentos se puxeron os monstros por poder volver a falar que organizaron unha gran festa:
A partires dese día os nenos e as nenas e mailos monstros volveron ser amigos para sempre xamáis.
FIN
Vedes en que lío se meteron estes monstros por non saber controlar o mal xenio nin compartir? Non podemos deixar que estas cousas nos pasen a nós!... Esperamos que vos gustase moito o noso traballo, a continuación podedes ver a galería de imaxes sobre os debuxos que fixemos do conto. Moitos biquiños de todos os nenos e nenas de Relixión. Ata a próxima!
- APIs de Blogue
Cheeky Monkey, you are not ill. You are dirty!!!
Cheeky has red spots on his body. Let's go to the doctor.
His ears are OK.
His blood pressure is OK.
His heart is OK.
His eyes are OK.
His legs are OK.
His temperature is OK.
What's the matter with Cheeky?
Cheeky Monkey, you are not ill. You are dirty!
- APIs de Blogue
CLUB DE LECTURA DA ANPA
NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DA ANPA, DESTA VEZ O VENRES 25 A PARTIR DAS 16 H NA ESCOLA DE PAZO
ACAMPADA NA BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO
O día 24 de Outubro, este xoves, celébrase o día da Biblioteca, e é por iso que na Biblioteca Municipal de Rianxo ao día seguinte, venres, imos acampar alí. Se queres participar, prepara as túas cousas e ven durmir con nós.
Faranse moitas actividades: teatro, obradoiros, xogos, animación á lectura, contacontos,..
Está destinado a un público familiar para nenos/as a partir de 4 anos e acompañados por unha persoa adulta.
As prazas son limitadas así que, se estás interesado/a en participar ou precisas máis información, acode á Biblioteca (tlf. 981 86 02 72 ou o correo biblioteca@concelloderianxo.es). O prazo para anotarse remata mañá mércores.
Anímate!!!
PEPÓN
PEPÓN É UN PEQUENO DRAGÓN QUE COMEZOU Á ESCOLA ESTE ANO,
COMO ALGÚNS DE NÓS: TEN OS ANOS DE IZAN, MARA, LAURA E HUGO
CADA LUNS A MESTRA MARI CARMEN CÓNTANOS AS ENTRETIDAS AVENTURAS DO NOSO NOVO AMIGO E DA SÚA FAMILIA.
ADEMÁIS DE COÑECER AS AVENTURAS DE PEPÓN, COA MESTRA MARI CARMEN
CONTAMOS, CANTAMOS E XOGAMOS COA BOCA, BEIZOS, LINGUA....
É MOI DIVERTIDO!!!
- APIs de Blogue
DÍA DA BIBLIOTECA
A Biblioteca dos amigos e amigas de Daniel ven de editar un díptico para conmemorar neste xoves 24 de outubro o Dia da Biblioteca
- APIs de Blogue
DECORAMOS O CARTEL DE VOZ NATURA
E ASÍ NOS QUEDOU O NOSO CARTEL DE VOZ NATURA
AGORA SÓ QUEDA PLASTIFICALO E PEGALO NA VENTANA
- APIs de Blogue
XOGANDO CO MILLO
ANA, A MAMÁ DE SABELA, VEU APRENDERNOS A XOGAR A FACER CASTELOS COS CAROZOS DE MILLO, COMA XOGABAN ÓS NOSOS AVÓS!!
E RITA...
RITA TROUXO A BONECA DE MILLO QUE FIXO COA AVOA. XOGAMOS A ARROLALA PARA DURMILA E BREOGÁN CANTOULLE O ARROLO QUE "FUNCIONABA" CON EL
" Ó NOSO NENO CAELLE O PELO,
VAMOS A VILAGARCÍA A COMPRARLLE UN CARAMELO"
... E A BONECA DURMIU
Aula de 4 e 5 anos
OS NOSOS NOMES
ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO NO PANEL DOS NOSOS NOMES, E AQUÍ ESTÁ CASE REMATADO
POIS TIÑAMOS ALGÚNS COMPAÑEIROS AUSENTES.
ASÍ O FIXEMOS:
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- seguinte ›
- última »