COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NO CURSO 2009-2010

Neste curso escolar 2009-2010 o Departamento de Orientación do C.R.A. de Rianxo está constituído polos seguintes membros:

- Xefa do Departamento (orientadora): Adriana Lens Pérez.

- Profesora especialista de Pedagoxía Terapéutica: Ana Mª Fernández Alfaro.

- Profesora especialista de Audición e Linguaxe: Alba Vilela Mouriz.

- Coordinadora de ciclo de Educación Infantil: Adela Novo Gutiérrez.

- Coordinadora de ciclo de Educación Primaria: Ana Mª de Castro Corral.

- Profesora de apoio: Sara Reiriz González.

- Profesora de apoio: Mª de la Asunción Alicia Rodríguez de León.

- Profesora de apoio: Mª Carmen Vázquez Espantoso.

- Directora: Mª Josefa Otero Romero.

- Xefa de estudios: Mª del Son Beiroa Troiteiro.

 

Dende o Departamento de Orientación trataremos de proporcionar, sempre, unha resposta á diversidade que se presenta en cada unha das escolas que configuran o C.R.A, partindo dos principios básicos da L.O.E:

1) Educación de calidade para todo o alumnado.

2) Equidade na educación que garanta a igualdade de oportunidades.

3) Esforzo compartido por tódalas persoas que compoñen a comunidade educativa.

Entendendo sempre a orientación como un proceso de axuda, continuo e sistemático, a través de diferentes axentes educativos, dirixida a tódalas persoas da comunidade educativa, en tódolos seus ámbitos. Sempre cunha finalidade de prevención e desenvolvemento.