RETO LECTOR PROPOSTO POLO NOSO AMIGO DANIEL

Ola Amigas e Amigos, son Daniel. Que tal estades?

Como ben sabedes estes días toca quedar na casiña  #yomequedoencasa.

Aínda así lembrade a importancia de ler contos, recitar poesías, contar adiviñas,.... Por iso propóñovos un reto, queredes participar?

1. Busca un adulto que che axude.

2. Localizade un aparello para gravar (móbil, tableta,...).

3. Elixe o teu conto favorito, unha poesía, un trabalinguas, unha adiviña,...

4. Prepárao con ese adulto para que saia xenial.

5. Grávate contando ese conto, poesía, trabalinguas,...

6. Dille ao adulto que me envíe o vídeo a este correo:   crar.biblioteca@gmail.com

7. Subirei o teu vídeo á páxina web do cole: https://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/

 

Agardo con ilusión todos eses vídeos

 

Unha forte aperta para as miñas pequenas e pequenos artista