Diseccionamos un peixe!
Este trimestre, os nen@s da aula de primaria de Quintáns, estivemos estudando os distintos tipos de animais e as súas características. Tíñamos algunhas dúbidas cos peixes e as súas partes, así que o profe Pablo trouxo unha Lubina á clase para que visemos todo moito máis claro.
Foi unha experiencia ben chula e entre todos puidemos ver todas e cada unha das partes dos peixes que saían no noso libro de ciencias naturais.
Vimos a pel e as escamas e abrimos o lateral da súa cabeza para ver e tocar as branquias. Eran como pulmóns humanos pero en pequeno! Tamén tivemos ocasión de observar as súas aletas e cola con detalle.
Despois abrímolo para comprobar se era certo que os peixes son vertebrados, é dicir, que teñen esqueleto interno. Unha vez aberto pola metade, comprobamos que era certo e que a lubina tiña espiña dorsal, que é o esqueleto dos peixes.
Foi unha experiencia moi interesante e divertida!
Aquí vos deixamos fotos da nosa pequena investigación científica.
- APIs de Blogue