DÍA DOS HUMIDAIS

O 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais.
A Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia ( ADEGA) lémbranos dende a súa páxina web que os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os acuíferos. Estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son grandes reservorios de biodiversidade.
Na nosa contorna inmediata destacan os humidais do esteiro do río Ulla, o esteiro do Té  e Ponte Beluso

*
ver
As cigoñas dos humidais
( Escola de Rañó )