UN ANIVERSARIO CON MOITO CARIÑO

Onte foi un día moi especial. Non porque fora o aniversario da mestra Mirian (aunque tamén Guiño), senón porque onte compartimos moitos sentimentos, expresándoos a través da linguaxe corporal. Durante moito tempo as emocións considerávanse, erroneamente, pouco importantes. Agora tod@s coñecemos o gran papel que xogan as emocións no desenvolvemento afectivo do nen@. E é por iso que nós, mestr@s, pais/nais/avós/avoas, non debemos esquecer esta linguaxe, a linguaxe do xesto, a linguaxe do cariño, a linguaxe do amor.

 A mestra María ensinounos a felicitarnos sen empregar palabras, unicamente as nosas mans, os nosos dedos, os nosos brazos, os nosos beizos... Calquera parte do corpo coa que puidésemos transmitir ese cariño especial que nos gusta compartir coas persoas cercanas, neste caso, os nosos AMIG@S. Grazas María e grazas nenos e nenas!

Despois de compartir bicos, abrazos, cóxegas, masaxes, apertas... pensamos en compartilo con todos/as vós. Así o viviron esta experiencia os cativos e cativas de Rañó: