O MUÍÑO DE LEMOS - BUÍA

O venres día 4 de febreiro, as profesores María, Sara e eu (Tobías), fomos a Buía ver o muiño de Lemos.

Para o mes de marzo, se non chove, todos iremos visitar este muiño. Como xa dixen o muiño de Lemos está na aldea de Buía que pertence á parroquia do Araño.

Moi cerca de Buía pasa o río Té e no lugar que chaman Agra do Muiño, está o noso muiño.

Ao redor de vinte veciños de Buía encargáronse de restaurarlo. Puxeronlle tellado novo, limpárono, limpáron a canle e conseguiron que volvera a funcionar.

Agora que xa está arreglado, os veciños e veciñas que axudaron a restauralo, utilízano para facer fariña. Para esto levan millo ou centeo.

Cando vaiamos nos tamén teremos que levar grans de millo ou de centeo para moer no Muiño de Lemos.

 

Algunhas imaxes do Muiño de Lemos en Buía

 

   
 O muiño de Lemos  Dentro do muiño, Teresa, Carmen, María e Sara
 
 Vista ao interior do muiño  A canle que leva a auga ao muiño
   
 A canle e no fondo o rodicio  O rodicio, que é a roda onde golpea a auga

 

 

Imaxes do río Té

 

   
 Vista do trabaso que leva a auga á canle. O trabaso visto dende arriba 
   
 Carmen, María e Sara ao pé do río  O río Té moi cerca do muiño de Lemos.