Novidades

VENRES DE ALUCINE

Ola nenos e nenas!!!

Como estades? Son Caselín e todos os últimos venres de mes estarei con todos vós na sección

"Venres de Alucine".

Este venres adicarémoslle ao "Samaín". Na primeira imaxe déixovos tres trailers dunhas películas terroríficas. E na segunda imaxe atoparedes cinco contos relacionados co "Samaín".

Desexo que vos gusten e gocedes moito mirándoos en familia.

Moitos bicos!

BENVIDA DE ALUCINE 2020-2021

VOLTAMOS AO COLE

DENTRO DUNS DÍAS VOLTAREMOS AO COLE E CASELÍN XA COMEZOU A VISITAR ALGUNHAS DAS AULAS PARA VER OS VOSOS CAMIÑOS DA FELICIDADE. COA MESMA FELICIDADE COMEZAREMOS ESTE NOVO CURSO. ESPÉRANNOS MOITAS AVENTURAS XUNT@S!!!!

VÉMONOS O 10 DE SETEMBRO OS NENOS E NENAS DE 3 E 4 ANOS

E O 11 DE SETEMBRO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

 

PROGRAMA DE ALIMENTOS

CASELÍN TAMÉN ACUDIRÀ A RECIBIR AO PROFE DIEGO PARA FACER A SÚA APORTACIÓN.

REVISTA BADALADAS 2019-2020

DÍA DE LA TIERRA

HOXE,22 DE ABRIL, É O DÍA DA TERRA,ASÍ QUE XA SABEDES, RECICLADE, NON MALGASTEDES A AUGA E COIDADE O PLANETA.

 

PRÉSTAMO DE LIBROS

Prezadas familias:

 

Nestes momentos é posible que algún neno ou nena teña na casa un  libro en préstamo da biblioteca, polo que vos comunicamos que, de momento, o manteñades nas vosas casas. Segundo vaia evolucionando o trimestre xa vos informaremos dos pasos a seguir para proceder a súa devolución.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 Unha aperta e moito ánimo!

 

 

Equipo de Biblioteca Escolar.

 

DÍA MUNDIAL DA NATUREZA

HOXE, 3 DE MARZO, É O DÍA MUNDIAL DA NATUREZA E CASELÍN ESTÀ ARGALLANDO ALGO PARA TRATAR DE CONCIENCIAR AO ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS DA IMPORTANCIA DE COIDAR A FLORA, A FAUNA,..EN RESUME, O NOSO PLANETA.

mandadiños

OS MANDADIÑOS DO ENTROIDO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Distribuir contido