E... PARA REMATAR O CURSO... ÍMONOS DE EXCURSIÓN !!!
Por mor das consecuencias ocasionadas pola COVID tivemos que estar uns meses privados de facer saídas e, a pesares de que nos apetecía moito facelas, tivémonos que conformar. Agora ben, unha vez que recuperamos a oportunidade de facelas... non houbo quen nos parara... Así pois, fixemos varias saídas á sede (onde tamén conviviamos con todos os nenos e nenas do noso CRA) para unhas xornadas de igualdade; para un taller de alimentación saudable; e tamén para coñecer a biblioteca do concello e, de paso, asistir a uns contacontos moi familiares. Cantas cousas e experiencias aproveitamos para facer mentres tanto!!!
Así mesmo, e por se fose pouco... rematamos o curso cun máxico broche final: todos os nenos e nenas do CRA, mailos seus profes, fómonos de viaxe en autobús para pasar unha longa xornada na GRANXA-ESCOLA KIRIKO. Esta última aventura coa que xa remato as miñas publicacións deste curso foi SUPER, SUPER, SUPER ESPECIAL e os peques pasárono EN GRANDE!!! Iso si, tamén hai que dicilo... o tempo non nos acompañou pero nós... AO MAL TEMPO... BOA CARA E... A DISFRUTÁLO AO MÁXIMO!!!
Así pois, despídome cunha grande aperta para todos, un millón de bicos e desexándovos que desfrutedes dunhas boísimas vacacións!!! JE, JE, JE ... e tamén cunhas imaxes da nosa última viaxe deste curso...
PROFE SANDRA
- %count lecturas
Comentarios
Enviar un comentario novo