Ola nenos e nenas:
Sabedes quen son? Moi ben son Caselín.
Algúns de vos xa me coñecedes, pero para os que nunca me vistes preséntome: son Caselín, un verme de cores. Vivo na vosa biblioteca porque encántame ler e durmo cada noite entre as follas dos libros, rodeado de moitas aventuras.
Vin vervos porque teño unha sorpresa na miña maleta, pero tamén un gran problema, esquecín o contrasinal de meu cadeado!!!
Axudádesme a recuperalo???
Tedes que superar varias probas para conseguir o número secreto.
Estades preparados???
Pois comeza o xogo!!!
Xenial rapaces, fixéstelo moi ben!
Despois desta sorpresa quérovos ensinar a través dun vídeo ese lugar tan máxico onde vivo, que é a biblioteca.
Xa case teño todo preparado para iniciar a miña viaxe.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Caselín-dá-a-volta-ao-mundo.mp4 | 10.19 MB |
Día-das-Bibliotecas (1).mp4 | 42.47 MB |
Día-das-Bibliotecas-2.mp4 | 44.96 MB |
Enviar un comentario novo