SEGUIMOS XOGANDO

Ola cativas e cativos, como estades hoxe? Eu un pouco nerviosa porque, por fin, nos imos ver, ainda que sexa nunha pantalla de ordeador.

Veña, almorzade pronto, que xa vos estou esperando...

Xa estamos a mércores dunha semana nova, recordade que hoxe viría ao cole o profe JOSÉ RAMÓN e a profe ANA, non vos esquezades de pasar polas súas especialidades. Tamén facer unha visita a especialidade ALTERNATIVA que ten cousas novas e moi interesantes. Veña ir para alí.

Hoxe no cole teríamos un día diferente, xa que a nosa amiga NEREA está de aniversario. Parabéns Nerea, xa temos un aniño máis. Coma sempre nos aniversarios, os amigos e amigas temos un traballiño que facer, así que mans a obra, e a facerlle a nosa amiga NEREA o seu regalo.

Despois de toda esta festa e de comer moito biscoito, hoxe veño cunha proposta que vos vai gustar moito, imos mancharnos na cociña. 

O domingo é o día da nai, é que mellor xeito de celebralo que facerlle unha tarta. Como Caselín está todo o día no mar, faremos unha tarta en forma de PEZ.

Aquí vos deixo a receita para que vexades como se fai... 

http://www.porqueyologuiso.com/receta/tarta-pez/

Imos seguir facendo unha homenaxe a todas as MAMÁS, así que aquí vos deixo un contiño sobre as MAMÁS.

E veña, seguimos, que esta fin de semana temos moitos días, tamén traio outro experimento. Seguimos coa auga, nestes días descubriremos que non todos os líquidos teñen a mesma densidade.

Deixo o enlace para que vexades como se fai...ÁNIMO.

https://www.experimentoscientificos.es/experimentos-densidad/

 Como me encanta relacionalo todo, aquí tedes un conto do arco da vella e os bicos de mamá.

E para rematar, non podía faltar unha canción para cantar e bailar.

Coma sempre, me despido, cunha aperta que voa da profe Marta.

AdxuntoTamaño
cumple nerea.jpg25.83 KB
pez.JPG27.31 KB
arco da vella.JPG23.09 KB
BLOCK DE NOTAS CIENTÍFICAS.pdf30.64 KB
receta.jpg27.08 KB
calendario-infantil-2020-para-colorear-Mayo.jpg36.59 KB

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
1 + 13 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top