XUNTOS PODEMOS

Olaaa!! Bos días!!! Que tal? Como vos atopades? Seguro que para algún de vós onte foi un día diferente, despois de 40 días na casa saíu a tomar un chisquiño de aire fresco. De verdade, que tedes toda a miña admiración, sodes uns CAMPIÓNS. Noraboa.

Relacionado co tema de poder sair de casa tedes unha explicación moi clariña, na páxina de inicio da web, que elaborou a profe Lorena.

E xa o que vamos, comezamos unha semana máis, e o primeiro día da semana é o luns, e vós sabedes quenes veñen os luns a visitarnos, a profe YASMINA e o profe DANIEL,  así que a visitar a súa especialidade.

Nós os luns, na aula, sempre facemos un relato da nosa fin de semana, eu creo que hoxe imos comezar por ahí, porque seguro que onte moitos de vós fixestes algo diferente, dar un paseo, montar na bici, ir co patinete,...pois vos animo a que o debuxedes coma se estiveramos no cole. DEBUXO DA FIN DE SEMANA.

Como xa fixen o luns pasado, deixo tamén unha guía de distintas actividades que podedes levar a cabo na casa, xa sabedes son diferentes ideas para facer con material que temos na casa.

Deixo os PDFs en arquivos adxuntos.

E para cambiar un poco os retos, esta semana nos imos converter en científicos, xa de o noso amigo CASELÍN fala sempre do MAR, pois imos comezar por experimentar diferencias entre auga doce e auga salgada. Así que todos preparados, e aquí vos deixo o novo reto.

Nos arquivos adxuntos deixo unha folla de recollida de información, como se de grandes científicos se tratara e tamén un enlace por si queredes ler o procedemento:

https://www.sortirambnens.com/es/que-hacemos-en-casa/juegos-para-ninos/experimentos-infantiles/experimento-agua-dulce-agua-salada/

E non pode faltar o noso conto, hoxe relacionado co mar e coa amizade, espero que vos guste.

E tamén, como non, unha canción para cantar e bailar, veña a mover o esquelete.

Unha aperta que voa da profe Marta.

AdxuntoTamaño
BLOCK DE NOTAS CIENTÍFICAS.pdf30.64 KB
Presentación2.pdf295.96 KB

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
1 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top