Responder ó comentario
PRÉSTAMO MALETAS CREATIVAS 2024-2025
Posted Septembro 19th, 2024 by profe17Estimadas familias,
O martes 29 de outubro de 2024 comezará o préstamo das MALETAS CREATIVAS.
Tedes a información ó final da publicación para reservalas.
Cada maleta está composta por dous contos infantís (un en galego e outro en castelán), un libro pedagóxico para adultos, un libro musical, un libro en inglés, dous xogos educativos e unha tablet.
MALETA CREATIVA 1
MALETA CREATIVA 2
MALETA CREATIVA 3
MALETA CREATIVA 4
INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DAS MALETAS CREATIVAS
Destinatarios: todo o alumnado do CRA RaiñaAragonta.
Solicitude: mediante correo electrónico á seguinte ligazón
bibliotecaaragonta@gmail.com
indicando o nome do alumno/a, a aula no que están matriculados e día que prefiren recoller as maletas (martes ou xoves).
Confirmación: unha vez realizada a solicitude, a familia recibirá un correo electrónico informándolle o día exacto que comeza o préstamo.
Duración: o préstamo será dunha semana.
Recollida e devolución: a familia será a encargada de recoller e entregar a maleta na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.
Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 16:45 a 17:45.
Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo. Nestes casos as familias terán que mercar un exemplar igual.
- %count lecturas