Como cada ano, o 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Paz e a Non violencia.
É unha ocasión ideal para transmitir aos nenos/as valores de convivencia, respecto e tolerancia a través de contos sobre a paz.
Estes son unha marabillosa ferramenta para falar de paz a través de historias e personaxes nos que se poidan sentir identificados os nenos e as nenas de todas as idades .