Despois de coñecer os animais, debemos ubicarnos como animais e como persoas, na contorna e no mundo. Comezaremos coa representación do noso planeta, a importancia da auga para a vida, e os diferentes biomas ... Experimentaremos e vivenciaremos mentres aprendemos.
Ola a todos/as. Hoxe queremos ensinarvos un novo libro que temos na aula. Trátase dun libro sobre os osos no que introducimos toda a información que descubrimos durante o proxecto do primeiro trimestre e que, a partir de agora, formará parte da biblioteca de clase. Hoxe estivemos ollándoo na aula con moita ilusión e recordamos así moitas das cousas que aprendemos sobre os osos. Déixovos o libro adxunto por se lle queredes botar unha ollada. Agardamos que vos guste!
Sempre que comezamos un novo tema de investigación cambiamos a nosa biblioteca. Eleximos para as nenas e nenos libros que lle proporcionen información e historias para comezar as súas indagacións. Na aula traballamos con diferentes tipos de textos entre os que destacan dous grupos os narrativos e os expositivos, para eles libros de información e contos. Están familiarizados cos diferentes tipos de texto e coñecen que teñen utilidades e usan recursos diferentes. Polo que en cada comezo de proxecto clasificamos os libros da nosa biblioteca, buscamos información nos textos expositivos e desfrutamos con cada un dos contos e poesías (eso sí, algunhas veces temos que votar qué conto lemos, temos tantos!)
O pasado venres 1 de febreiro, as nenas e nenos de Educación Infantil preparamos unha pequena exposición e experimento sobre os volcáns.
Recollendo información sobre as montañas, descubrimos que algunhas podían ser volcáns e que, do interior da Terra, expulsaban magma ao exterior que se convertía en lava, acompañado todo con fume e lume.
Aprendemos as partes interiores dun volcán, a profesión de vulcanólogo...
Esta información quixémola compartir coas compañeiras e compañeiros de Educación Primaria.
Para iso elaboramos un mural do volcán e tamén, unha pequena maqueta do mesmo, que estaba a piques de erupcionar.
Esta é unha vista rápida do que foi a actividade.
A aula de primaria agasallounos cun rico postre para a merenda.
Moitos conceptos novos e moitas clasificacións ... que nos están a resultar moi amenas, xa que o vivimos e facemos moi próximo a nós. Este é un pequeno exemplo dalgunhas das propostas. Pero...aínda nos queda moito que investigar!
COMENTARIOS
hai 3 anos 33 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 6 anos 17 semanas