O curso esta chegando o seu fin, con moita magoa para todos e todas, pero como o tempo non o podemos empurrar cara atrás nada mello que unha festa para celebrar o final do curso, oeoeoeoeoeoeo!
Para comezar solta de globos na clase e arriba-arriba todos/as a saltar que os globos non poden tocar o chan!!
Quentados xa os motores, saimos o patio en tres grupos e cada un dos grupos foise para un xogo:
- As sillas, como nos gustaron as sillas cooperativas cando se ían quitando as sillas e nos tiñamos que sentar todo/as sen tocar o chan!!!
- A comer rosquillas!!! Jajajajajajja, semella doado, pero non o é, porque ten truco: non se lle pode votar a man.
- Carreiras de auga: a ver quen enche antes o caldeiro!!
Estabamos todas/os animadas/os xogando, cando recibimos a visita sorpresa de BOB ESPONJA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Si, si como o ledes, nin nos saíamos do noso asombro. Alí en vivo e en directo na escola de Sísamo estaba BOB ESPONJA, o noso gran ídolo, o noso amigo co que pasamos uns ratos tan divertidos, o que nos ensina a comer “cangreburger”….non o creíamos!!
Pois si era él, estivo un rato xogando con nos e convidounos a unhas chuches, logo vimos marchou estrada arriba, ooohhhh, eso sí deixounos a todos/as co sorriso nos beizos.
O rematar de xogar tomamos a merenda: un bolos de pan con chocolate recen saídos do formo, estaban quentiños e moi, moi ricos.
E como fin de festa tivemos unha loita de globos de auga!!!! A mollarse que toca!!! Foi unha loita en toda regra na que participamos os nenos e nenas, os profes, as mamás, os papás, avós... e acabamos todos/as, todos/as un chisco mollados, ¿a qué si profe Javi?
Foi un día grande de festa, que ningún esqueceremos.
Na galería hai mais fotos deste gran día.
COMENTARIOS
hai 3 anos 29 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 6 anos 14 semanas