Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

BOB ESPONJA VISITA A ESCOLA DE SÍSAMO NA FESTA DE FIN DE CURSO

Imaxe de Javier

O curso esta chegando o seu fin, con moita magoa para todos e todas, pero como o tempo non o podemos empurrar cara atrás nada mello que unha festa para celebrar o final do curso, oeoeoeoeoeoeo!

Para comezar solta de globos na clase e arriba-arriba todos/as a saltar que os globos non poden tocar o chan!!

Quentados xa os motores, saimos o patio en tres grupos e cada un dos grupos foise para un xogo:

- As sillas, como nos gustaron as sillas cooperativas cando se ían quitando as sillas e nos tiñamos que sentar todo/as sen tocar o chan!!!

- A comer rosquillas!!! Jajajajajajja, semella doado, pero non o é, porque ten truco: non se lle pode votar a man.

- Carreiras de auga: a ver quen enche antes o caldeiro!!

Estabamos todas/os animadas/os xogando, cando recibimos a visita sorpresa de BOB ESPONJA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Si, si como o ledes, nin nos saíamos do noso asombro. Alí en vivo e en directo na escola de Sísamo estaba BOB ESPONJA, o noso gran ídolo, o noso amigo co que pasamos uns ratos tan divertidos,  o que nos ensina a comer “cangreburger”….non o creíamos!!

Pois si era él, estivo un rato xogando con nos e convidounos a unhas chuches, logo vimos marchou estrada arriba, ooohhhh, eso sí deixounos a todos/as co sorriso nos beizos.

O rematar de xogar tomamos a merenda: un bolos de pan con chocolate recen saídos do formo, estaban quentiños e moi, moi ricos.

E como fin de festa tivemos unha loita de globos de auga!!!! A mollarse que toca!!! Foi unha loita en toda regra na que participamos os nenos e nenas, os profes, as mamás, os papás, avós... e acabamos todos/as, todos/as un chisco mollados, ¿a qué si profe Javi?

Foi un día grande de festa, que ningún esqueceremos.

Na galería hai mais fotos deste gran día.

 



page | by Dr. Radut