Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PROPOSTAS DE APRENDIZAXE

Imaxe de Monica

Así comezamos a xornada na escola. A primeira sesión da mañá dedicámoslla a traballar autonomamente polas propostas de aprendizaxe onde os nenos/as deciden cal/cales facer atendendo os seus intereses. Cada luns presentamos propostas novas que vanse modificando, engadindo ou eliminando ao longo da semana.

Algunhas desta semana son:

- Asociamos número-cantidade.

- Creamos Mandalas con elementos do outono.

- Lectoescritura na mesa de luz: composición de palabras, grafía...

- Motricidade fina: cada tuerca co seu tornillo.

- Figuras xeométricas e motricidade fina. 

- Observación elementos naturais

- Lectoescritura: formamos o nome de froitas carnosas.

- Crebacabezas

- Soplo: trasvase de pompóns dun cuenco a outro aspirando pola palla.

- Lóxica matemática (conteo/correspondencia/suma): tiramos o/os dado/s, facemos unha torre con tantos elementos como puntiños. Despois representámola en papel.

- Construccións

- Lóxica (conteo/ tamaños): Cantas pedras hai? Orenámoas por tamaños.

Farei máis entradas sobre este momento da xornada en vindeiras semanas.

 



blog | by Dr. Radut