Domirón

CELEBRANDO OS CUMPLES DE SETEMBRO

Este curso iniciamos unha nova maneira de celebrar os aniversarios!!. Desta volta tocaron os do mes de Setembro, que se cumplan os vosos desexos!!!!

COMEZAMOS O PROXECTO: AVENTURA ESTELAR

A nosa mascota Bufiña, trouxonos unha postal duns amigos seus que estaban nunha estación espacial, decidimos contestarlles e invitalos á nosa escola, os nenos e nenas de 5 anos escribíronlles unha carta.

Cando viñan para aquí tiveron un mal aterraxe e quedaron confusos e non se acordaban de nada. Menos mal que os veciños que os viron chamaron á Policia Municipal e como traian un colar cunha foto de Bufiña, Pedro, un municipal que ven moito pola nosa escola deduceu que viñan para Domirón e trouxoos no seu coche.

Agora están con nós, un dos amigos marchou cos nenos de Sedes. Estamos moi ledos, esperemos que cando recuperen a memoria nos conten moitas cousas do espazo!!!!!

 

 

 

XOGOS DE AUGA

E seguindo co adeus ao verán tivemos unha xornada de xogos de auga aproveitando que ainda non fai frío. Aos nenos e nenas sempre lles gustan moito, ademáis de disfrutar, experimentan, comparten, fan hipótesis, etc. Que ben o pasamos!!!

 

 

 

 

 

 

 

   

RECORDOS DO VERÁN

Xa estamos de volta no cole despois dun verán fantástico. Para compartir cos nosos compis os recordos destas vacacións trouxemos á escola fotos dos momentos máis divertidos para nós e con eles fixemos o recuncho dos recordos do verán, quedou refrescante!!!!

 

XOGOS EN FAMILIA

E coa visita de Rebe, mamá de Alán, rematamos as sesións de xogos en familia na aula de 3 anos.

Desta vez xogaron todos xuntos a dous divertidísimos xogos, comezaron con "Tras la pista del perezoso" e para rematar o fixeron  "A paso ganso".   Graciñas, o pasaron xenial!

 

DESFRUTANDO DA PRIMAVERA

 Aproveitando as flores que nos sobraron dos maios desfrutamos dunha gran experiencia onde os sentidos se activaron ao máximo. Tocando, ulindo, mesturando, triturando, observando, creando, pintando... foi como apreciamos a riqueza que nos aporta a natureza na primavera.  

 

 

 

 

 

XOGOS EN FAMILIA

Última sesión de xogos en familia do curso!

Grazas á familia de Farah por acompañarnos nesta xornada e facela tan divertida e amena.

Fátima (nai), Ángeles (avoa) e Isma (tío), trouxéronnos xogos unha ranita de equilibrios, circuitos cooperativos, puntería con ras, un tetris e unha jenga.

XOGOS EN FAMILIA

Novos xogos en familia na aula de 5º de infantil!

Esta vez visitáronnos Rebeca, nai de Hades, e Lorena, nai de Daniela. Trouxeron xogos como o Pintureka, Pincha al Pirata, Hungry Monster, un abecedarioo e un xogo de mesa.

 

Noutra xornada, tamén contamos coa visita de Linda, mamá de Bruno, e Óscar, pai de Xoel, con xogos como un memory da Patrulla Canina, Tosuo, Cabezón, El Uno (versión Cars), e o Tip Top Clap.

 

 

Unha xornada chea de xogos e aprendizaxe en familia!


AULA SENSORIAL: FONDO MARINO

Na nosa escoliña estamos de estreo!

Convertemos unha das aulas nunha aula sensorial sobre o fondo marino, na que poñer todos os sentidos a traballar.

Foron unhas xornadas moi divertidas onde as nenas e nenos gozaron e experimentaron cos diferentes materiais.


PREPARANDO O HORTO

Onte veu Daniel, o papá de Martín, para axudarnos a preparar e inaugurar o noso hortiño.

As nenas e nenos da escola foron por grupiños a plantaron fresas, patacas, calabacíns, berzas e pementos.

Unha mañá chea de conexión coa natureza e co grupo!

 

Moitas grazas, Daniel!

Distribuir contido