Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas
ACTUALIZACIÓN RÉCORD PODÓMETRO
HOXE PASIÑO A PASIÑO, CAMIÑAMOS DENDE A ESCOLA DE DOMIRÓN ATA A ÁREA RECREATIVA DO COUTO
E OS NOSOS PODÓMETROS FIXERON UN NOVO RÉCORD...
9.394 PASOS- 6´85 KILÓMETROS.
PARABÉNS PARA TOD@S, IMOS POLO BO CAMIÑO!!!
INVESTIGAMOS SOBRE A ESCULTURA PARA REUTILIZAR
@S NEN@S DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL CON MATERIAL DE REFUGALLO CREARON CON GRAN IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE ESCULTURAS ESPECTACULARES, AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!
REXISTROS PODÓMETROS-2
ACTUALIZACIÓN DOS NOVOS REXISTROS DOS PODÓMETROS, 2ª-3ª SEMANA
Seguimos contando os pasos e kilómetros recorridos nas últimas semanas e temos novo récord!
REXISTROS- 4º EDUCACIÓN INFANTIL ( VERMELLOS)
5º EDUCACIÓN INFANTIL ( VERDES)
6º EDUCACIÓN INFANTIL ( AMARELOS)
PARABÉNS PARA TOD@S IMOS POLO BO CAMIÑO!
CONTACONMIGO- CONTAFAMILIAS
HOXE NA CLASE DOS VERDES TIVEMOS A SORTE DE DESFRUTAR
DO CONTACONTOS DAS MAMIS DE LIAM Y TONI.
O CONTO ELEXIDO FOI " O MONSTRO DE CORES" E AS SÚAS EMOCIÓNS.
PRIMEIRO ESCOITAMOS CON ATENCIÓN E RELACIONAMOS CADA COR COA SÚA EMOCIÓN.
E DESPOIS REALIZAMOS UNHA SESIÓN DE IOGA.
PASÁMOLO XENIAL!
GRAZAS POR VIR UN RATIÑO Á ESCOLA CONNOSCO E GASALLARNOS CON ESTA ACTIVIDADE TAN CHULI.
E MOITAS GRAZAS O PAPÁ DE LIAM POR FACER AS FOTOS PARA O RECORDO DESTE DÍA.
BICOS PARA OS TRES!
Saudos orixinais e divertidos
Outra das actividades dentro do proxecto Convive-T , para favorecer vínculos positivos dentro da aula, na asamblea o encargado/a saúda o resto dos compañeiros /as dunha forma especial elixida por cada un deles/delas. Aquí vai exemplo dos nosos saúdos favoritos
COIDADOS DOS BEBÉS
Na aula dos amarelos como estamos a estudar como comeza a vida, o nacemento dun bebé e os seus coidados, tivemos a visita da mamá de Hugo que nos explicou todo o proceso: dende que nace, o coidado do embigo, o baño, o secado e as cremas, o cambio de cueiro, a alimentación, o sono, etc.
Logo de ver como o facía ela, fomos nós os que tivemos que encargarnos do coidado do bebé.
PODÓMETRO
Co proxecto " pasiño a pasiño imos polo bo camiño", estamos como tolos por camiñar.
No entroido vimos todo o necesario para ir de andaina
E agora comezamos unha nova actividade:
" Contar os pasos e km. que facemos diariamente na escola"
Todos os días un encargad@ leva posto un podómetro para ver cantos facemos e
rexistrámolos ó final da xornada.
Así vemos cantos facemos ó día, á semana, ó mes...entre tod@s.
Estos son os rexistros das dúas primeiras semanas.
4º Educación Infantil ( Vermellos)
5º Educación Infantil ( Verdes)
6º Educación Infantil ( Amarelos)
Actualizaremos os datos todas as semanas.
E poñeremos o récord, a día de hoxe é:
XA TEMOS GAÑAS DE SUPERALO...ÁNIMO CAMIÑANTES!
PIRÁMIDE DE ACTIVIDADES SAUDABLES
DENTRO DO PROGRAMA DE EDU-SAÚDE, DURANTE ESTE SEGUNDO TRIMESTRE ELABORAMOS UNHAS PIRÁMIDES SOBRE AS ACTIVIDADES MÁIS SAÚDABLES QUE DEBEREMOS FACER DIARIAMENTE ATA AS QUE DEBEN SER MENORES POR SER MÁIS SEDENTARIAS. CADA AULA ELABOROU A SÚA. AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO FINAL ASÍ COMO O PROCESO DE ELABORACIÓN.
4º EDUCACIÓN INFANTIL
5º EDUCACIÓN INFANTIL
6º EDUCACIÓN INFANTIL
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »