Skip to Content

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 16 AO 22 DE MARZO (CORENTENA)

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 16 AO 22 DE MARZO (CORENTENA)

 

Lembramos as cancións destes últimos días, que falaban de Rosalía de Castro, ou eran poemas seus musicados. Así podemos cantar e bailar un pouquiño na casa. O importante é que os nenos e nenas canten, bailen, xoguen, manipulen, se expresen... non que estean moito tempo mirando pantallas. Os enlaces son para que poidades poñer a música ou para que sirvan de guía aos adultos.

 

Empezamos por “O moucho”, canción do disco “Pan de millo” de Migallas: escoitamos e facemos os xestos que as nenas e nenos xa saben. Aquí está a canción con imaxes de mouchos e de Rosalía: https://www.youtube.com/watch?v=uOUCIP6iiS4 e neste outro enlace podemos lembrar os xestos (o moucho tamén o fan marcando os ollos grandes) naquela homenaxe que lle fixemos a Rosalía hai uns anos no CRA, a partir do minuto 4:53 https://www.youtube.com/watch?v=hJx9oD75NIs

 

Outra canción que coñecen é “A grasia non era moita”, do disco “Rosalía pequeniña” de Uxía. Hai dous anos tamén xogamos un pouquiño con ela en Xuntanzas, incluso aprendemos algún verso. Recoñecedes a algún? Aí os tedes, coa letra: https://www.youtube.com/watch?v=sMRi_6-y-Rc E para escoitala ben e bailar moito, pinchade aquí: https://www.youtube.com/watch?v=B7htdmrdKNQ Que instrumento soa ao principio e “tocan” os nenos? De que familia de instrumentos é? Que outros instrumentos escoitades? Bailamos e acompañamos con palmas. Incluso podemos improvisar algún “instrumento” con cousiñas que teñamos pola casa: caldeiro dado a volta e culleres de madeira, paus... Ou construír unhas maracas se temos os materiais: https://www.youtube.com/watch?v=BJVcQ4b-KhE

 

Unha actividade estupenda e divertida para estes días pode ser o teatro, esas adaptacións que fixemos e que son faciliñas de representar cos nenos na casa, por exemplo “Os seis barbudos”, que coñecen deste ano no Samaín, e no que unha persoa pode facer varios personaxes: https://www.youtube.com/watch?v=sVYc-4f9HfM

 

E, por suposto, este é un bo momento para que os pequenos practiquen con toda a familia as nosas cancións motoras, por exemplo o luns: https://www.youtube.com/watch?v=10rK_eLaCgQ



page | by Dr. Radut