Skip to Content

SAÍDA Ó EXTERIOR

Aproveitando a nosa contorna próxima, saímos ó exterior para facer unha pequena saída. Nesta saída,observamos o estado do regato, as árbores, os bichiños, a paisaxe do outono....

Hai que ter en conta que educar na natureza, xa sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e a saúde dos cativos. 

Grazas a este entorno privilexiado que temos, permanecer na natureza permite un aprendizaxe directo e autónomo. A abundancia de espazo e material non estructurado invita a indagación, a exploración e a experimentación.

“MOVERSE Ó AIRE LIBRE, NUN ENTORNO NON PREPARADO PERO SEGURO, É UN PRECURSOR DE SAÚDE E FORTALEZA FÍSICA”.

Así, esta saída será unha das moitas que realizaremos este ano.



page | by Dr. Radut