Skip to Content

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL (CORENTENA)

 

PROPOSTAS DE MÚSICA. Semana do 20 ao 26 de abril

 

1.  O 23 de abril é o Día do Libro, e por estas datas é cando celebramos o noso Pícnic Literario, con contos e música. Este ano non vai poder ser, pero imos lembrar o do ano pasado, con Ce Orquestra Pantasma tocando e cantando para nós esa canción que tanto bailamos no cole, “Xoaniña voa voa”. Recordade imitar como fan todos os animais que quere ser a Xoaniña (saltar como a ra, fretar as ás –os nosos brazos- como os grilos, saltar como os coellos, mover o cuíño como os parrulos…) e a cantar e bailar!

https://www.youtube.com/watch?v=jWORBfTBf24

 

2.  E xa que estamos con animais, que tal se viaxamos a algún bosque de África central e descubrimos algún gorila? Aquí están os gorilas cos que moitas veces cantamos e bailamos na clase de música, do libro-disco En Cabárceno se oye cantar, de Susa Herrera:

https://www.youtube.com/watch?v=E9HAy9QW_sE

Non vos esquezades de facer todos os xestos como Susa e os nenos e nenas, e tamén de bailar como máis vos guste!

 

3.  Tamén podemos quedar nun dos nosos soutos, e quizais vexamos algún moucho, ou unha lebre, ou un esquío, a donosiña, un rato, unha vacaloura… Aquí nos presentan a canción e fan un baile uns amigos nosos (O moucho chosco, do disco Tic Tac, de Pablo Díaz):

https://www.youtube.com/watch?v=IIW4honLunY&t=2s

E aquí un vídeo moi orixinal coa mesma canción, que se escoita mellor para poder cantar e bailar todos e todas vós:

https://www.youtube.com/watch?v=zi8cpXRVPjM



page | by Dr. Radut