Skip to Content

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 13 AO 19 DE ABRIL (CORENTENA)

 

PROPOSTAS DE MÚSICA. Semana do 13 ao 19 de abril

Hai uns días, Charo Pita enviounos unhas cousiñas para vós. Charo estivo no CRA a principios de curso, cando celebramos o Festival da Igualdade, o día que coñecemos a Máxica! Naquela mañá contounos unhas historias moi divertidas e sorprendentes, e cantounos algunhas cancións do seu disco. Neste enlace podedes lembrar ese día: https://www.youtube.com/watch?time_continue=236&v=zXmkoJZh8VU&feature=emb_logo

Tamén viñera ao noso cole o curso pasado, e pasarámolo moi ben con ela en Xuntanzas. Algúns dos nenos e nenas que agora están en 1º de Primaria, fixéranlle esta entrevista en Rabu-Radio: https://www.ivoox.com/entrevista-a-charo-pita-audios-mp3_rf_34398045_1.html

A próxima semana, o día 23 de abril, será o Día do Libro. Este ano non poderemos celebrar o noso Pícnic Literario nese lugar tan marabilloso da “Ruta da Pedra e a Agua” entre o río e as árbores, pero non deixaremos de ler e escoitar contos. Pois ben, aquí vos deixo unha das historias que nos conta Charo Pita debaixo dunha árbore, "Os animais do mar": https://www.youtube.com/watch?v=OSWfAxLEoR8

E ademais, aquí tedes dúas das cancións que máis vos gustan do seu disco “No país do vento”:

“Rosa e azul”: https://www.youtube.com/watch?v=XLpaA56pafw

“A roda das tres donas”: https://www.youtube.com/watch?v=ZoRSMGDAanc

Todos e todas a bailar e a cantar!!



page | by Dr. Radut