Complementarias
De viaxe por terras de Pontevedra
O noso agreadecemento ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán pola acollida e a viaxe tan especial que organizaron para os nosos pequenos/as. A localización das imaxes pertencen aos exteriores do Pazo de Lourizán e á Lagoa de Castiñeiras, terras de Pontevedra. Comprometid@s co coidado da contorna natural e a loita contra o cambio climático no marco do programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta 2022-23.
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2023.
Compartindo emocións
O mellor agasallo, o sorriso e ilusión dos nosos pequenos/as e poder compartir ao voso lado estes momentos, este ano nun escenario distinto pero importante para o noso alumnado, o cole dos maiores, o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Grazas por recibirnos e acollernos con tanto agarimo e por compartir connosco a mesma ilusión. O equipo docente do CRA de Dodro deséxavos a todos e a todas un Bo Nadal e un Próspero Ano Novo!. Vémonos de novo o luns 9 de xaneiro de 2023!.
Día Internacional das persoas con discapacidade
Co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) tivemos a visita dun grupo de persoas da Asociación Andaina do Concello de Dodro. Estiveron cos cativos das nosas escolas facendo unha actividade artística. Cada un debuxouse nun cadro común.
SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS
CADA UN COAS SÚAS CAPACIDADES
Visita á casa do Concello
Os cativos do CRA tiveron a oportunidade de coñecer a Casa do Concello de Dodro grazas a visita guiada que lle organizou o Concelleiro de Educación Abel Tarrío.
Nesta visita tiveron a oportunidade de estar no salón de plenos e como sabios concelleiros e concelleiras aprobaron grandes melloras para o CRA!!!.
Celebración do Magosto 2022
O noso agradecemento ao CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, ao alumnado de 4º de ESO e á profe María por esta colaboración tan especial, así como ao Concello de Dodro e á Comunidade de Montes Balouta e Fontecova.
Samaín 2022
Nas escolas tamén pasamos unha semana terrorífica!!!! Deixamos unha mostra.
Maxia na manga
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2022.