INFORMACIÓN
BOAS FAMILIAS!!
Unha aperta moi grande a todas as familias do CRA de Dodro.
Neste mes de agosto estivemos traballando para elaborar 3 documentos imprescindibles para este curso escolar tan atípico que vamos comezar.
- Protocolo de Adaptación ao COVID
- Plan de Contixencia
- Plan de Acollida para os primeiros días.
O venres publicaremos estes documentos na páxina web do centro despois de ser informados ao Claustro e ao Consello Escolar.
Tamén o venres, dendo o centro, poñerémonos en contacto con todas as familias para indicarvos o día e hora da reunión inicial de curso así como as medidas que vamos requerir para levar a cabo dita reunión.
Un saúdo
A dirección do CRA de DODRO