Deporte acuático

Hoxe na escola de Chenlo tiveron unha visita moi especial.

O pai de Sabela, ensinóulles moitas cousas sobre o Piragüísmo e incluso puideron montar en canoa e nun kayakl!!

Moitas grazas, encantóulles a visita!

8M Concello de Dodro

Coa colaboración especial de alumnado do CRA de Dodro e do CPI Eusebio L. Baleirón. 

O noso Entroido en imaxes

 Lecra deixou por aquí uns recordos, pero antes queremoslle dar as grazas ao CPI Eusebio Lorenzo Baleirón por compartir connosco este día, ás familias polo voso acompañamento e polos doces tan saborosos que achegastes, e ao avó de Martín pola súa xenerosidade ao ofrecernos o seu tractor. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós.

23-F Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro conmemoramos nas escolas do CRA o Día de Rosalía, data do nacemento da autora galega máis representativa da nosa literatura, a cal estivo fortemente vencellada ao concello de Dodro.

Nas escolas traballamos distintos poemas de Rosalía e tamén plantamos nos patios camelias da variedade: Rosalía de Castro e nosos pequen@s ilustraron esta bonita canción de Uxía e Magín Blanco que tanto lles gusta "Rosalía pequeniña".

Admisión de novo alumnado para o curso 2023-24

NORMATIVA

Decreto 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión del alumnado en los centros subvencionados con fondos públicos que impartan enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato regulados en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o proceso de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacahrelato, reguladas na Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de educación. 

ABERTO PRAZO DESDE O 1 AO 20 DE MARZO DE 2023. 

Premer para descargar o impreso de solicitude (galego ou castelán) e presentar, unha vez cuberto e asinado nas escolas ou na sede do CRA dentro do prazo establecido. Tamén podedes solicitar o voso impreso en calquera das nosas escolas.

SOLICITUDE: Galego

SOLICITUDE: Castelán 

Premer para cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual nas escolas/sede do CRA, ou cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica a través de Chave365 ou certificado dixital.

 

 DOCUMENTACIÓN a entregar para formalizar a solicitude:

  • Impreso de solicitude ED550B.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI da nai, pai ou representante legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno (de ser o caso).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de discapacidade (de ser o caso).
  • Fotocopia do convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación/divorcio.

IMPORTANTE

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe. 

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

Programa escolar consumo de froitas 2022-23

Do 6 ao 17 de marzo, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o segundo período de reparto de froita nas nosas escolas.

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21