INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Información ás familias do CRA de DODRO

 

Segundo as medidas publicadas na página da Consellería de Educación, as actividades lectivas suspenderanse a partir do luns 16 de marzo, durante 14 días naturais para todas as etapa educativas.

 

A través das nosas canales de comunicación iremos recollendo toda a información que ó respecto se vaia producindo nas próximas horas, para ter informadas ás familias en todo momento.

 

Mañá venres o centro permanecerá aberto e será decisión das familias se envían ós rapaces ou non durante esta xornada, sendo a recomendación que os menos e nenas non acudan.

 

Somos conscientes de que a situación é complicada para as familias e a conciliación da vida familiar e laboral. Grazas pola súa comprensión.

 

A directora

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Información ás familias

Estimadas familias do CRA DE DODRO

 

Ante situación dada trala comparecencia do Presidente da Xunta de Galicia está mañana, informamos:

 

- Polo momento non temos instrucción de como proceder co peche dos centro.

 

Pregamos a todas as familias que permanezan atentas as novas que se poidan ir produciendo ao longo da tarde de hoxe ou na xornada de mañana venres; estas serán publicadas nos nosos canales de comunicación. (blog, páxina web e grupos de WhatsApp de cada unha das escolas)

SOLICITUDE DE MATRICULA

 

 

DESCARGAR IMPRESO ED550B

RESERVA DE PRAZA A CENTROS ADSCRITOS

Infórmase que TODO O ALUMNADO que solicitou praza no centro adscrito CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN para o curso 2020-21, en 1º de E. Primaria foi ADMITIDO.

Poderá consultar a lista na sede do CRA de DODRO e no interior de cada unha das escolas do CRA.

 

INFORMACIÓN MATRÍCULA

No documento adxunto pódese consultar toda a información relativa ao proceso de admisión.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O próximo 18 de febreiro ás 16:00 ven a coñecer o CRA de DODRO

RESERVA DE PRAZA A CENTRO ADSCRITO

 RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021

ESTA INFORMACIÓN VAI DIRIXIDA AO ALUMNADO QUE REMATA A ETAPA DE INFANTIL E PASA A E. PRIMARIA NO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN  

O alumnado de 6º de E. Infantil (5 anos) que desexen facer a reserva de praza no centro CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, deberán presentar a solicitude dende o día 1 ata o 15 de febreiro de 2020.

A presentación do ANEXO I poderase facer de maneira presencial ou telemática.

 PRESENCIAL

Na sede do CRA de DODRO, de luns a venres de 10:30 a 12:30.

 

TELEMÁTICA

 A través da páxina da Consellería no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Deberán presentarse igualmente as solicitudes telemáticas no centro.

Para calqueira consulta ou dúbida, a dirección do centro queda á disposición das familias do CRA de DODRO 

 

 

AVISO

Estimadas familias: o xoves día 12 de decembro está convocada una folga do profesorado nos centros públicos, por parte de todos os sindicatos. O centro abrirá as súas portas en aplicación da orde de servicios mínimos, garantirase a apertura do centro (todas as escolas) no horario habitual de 9:30 a 14:30, así como a atención a todo o alumnado.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

 

Do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Presentar a solicitude (dúas primeiras follas do ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017) no centro solicitado en primeiro lugar. Deberá ser asinada por calquera das/os titulares da patria potestade. O mencionado ANEXO II será facilitado na sede administrativa do CRA de Dodro ou nas correspondentes escolas. Tamén poderá cumprimentarse ou descargase na aplicación admision alumnado da CEUFP.

Achegar copia do DNI do alumna/o ou copia do libro de familia e copia do DNI dos pais/titores legais.

Esta documentación presentarase na sede administrativa do CRA de Dodro no horario de dirección que figura nos taboleiros das escolas.

 

D

 

 

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21