INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Atendendo ás circunstancias excepcionais deste curso 2020/2021 derivadas da pandemia da COVID 19, pasamos a informar a toda a comunidade educativa dos documentos que se estiveron a elaborar a partir dos protocolos remitidos pola CONSELLERÍA de EDUCACIÓN.

É de especial importancia que todas as familias sexan coñecedoras destes documentos pois son de obrigado cumplimento para toda a comunidade educativa.

O vindeiro martes 8 de setembro celebraranse as reunións de inicio de curso nas escolas, atendendo ao establecido no PLAN DE ACOLLIDA do CRA DE DODRO.

PREMER NO TÍTULO DA NOTICA PARA ACCEDER ÓS DOCUMENTOS ADXUNTOS.

 

INFORMACIÓN

BOAS FAMILIAS!!

 

Unha aperta moi grande a todas as familias do CRA de Dodro.

Neste mes de agosto estivemos traballando para elaborar 3 documentos imprescindibles para este curso escolar tan atípico que vamos comezar.

- Protocolo de Adaptación ao COVID

- Plan de Contixencia

- Plan de Acollida para os primeiros días.

O venres publicaremos estes documentos na páxina web do centro despois de ser informados ao Claustro e ao Consello Escolar.

Tamén o venres, dendo o centro, poñerémonos en contacto con todas as familias para indicarvos o día e hora da reunión inicial de curso así como as medidas que vamos requerir para levar a cabo dita reunión.

Un saúdo

A dirección do CRA de DODRO

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

DO 1 AO 10 DE XULLO, REALIZARASE A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DOS/AS ALUMNOS/AS  ADMITIDOS/AS.

PARA A REALIZACIÓN DO TRÁMITE O CENTRO POÑERASE EN CONTACTO COAS FAMILIAS PARA CONCRETAR UNHA CITA PREVIA.

 

RECOMENDACIÓNS PARA ACUDIR AO CENTRO:

- ACUDIR NO DIA E HORA CITADOS.

- ACUDIR CON MASCARILLA.

- MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE.

- ACUDIR CUN BOLÍGRAFO CO FIN DE EVITAR MANIPULAR OBXECTOS.

- PREFERIBLEMENTE TRAER A DOCUMENTACIÓN IMPRESA E CUMPLIMENTADA.

 

DE ANTEMÁN AGRADÉCESE A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA PODER REALIZAR DITO TRÁMITE COA MAIOR SEGURIDADE POSIBLE.

 

PODEN DESCARCAR AQUÍ OS DOCUMENTOS A PRESENTAR.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS

PECHADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN, INFORMAMOS A TODOS OS INTERESADOS  DA LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS.

 

TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS 

 

SEGUINTES PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN

- Publicación de LISTAXES DEFINITIVAS do alumnado admitido ata o 26 de XUÑO.

- FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 1 ao 10 de XULLO

 

PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN

INFORMACIÓN DESTACADA

RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020 

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO:

- PRESENTACIÓN ANEXO ED550B: DO 11DE MAIO AO 18 DE MAIO DE 2020

- Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

PARA DAR CUMPRIMENTO DESTES PRAZOS O CRA DE DODRO ESTABLECE O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 11:30 A 12:30, NA SEDE DO CRA, CON CITA PREVIA.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA CHAMAR AO TELÉFONO: 676.47.25.58

RECOMÉNDASE:

-USO DE MASCARILLA PARA ACUDIR AO CENTRO.

-MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE DE 2m CO PERSOAL QUE O ATENDA (DIRECTORA).

-CONTAR CUN BOLÍGRAFO PROPIO POR SE FORA NECESARIO CUMPLIMENTAR ALGUNHA INFORMACIÓN E EVITAR ASÍ MANIPULAR OBXETOS.

 

PARA CALQUEIRA CONSULTA OU DÚBIDA:

cra.dodro@edu.xunta.es

Tlf.: 676.47.25.58

A continuación poden descargar o ANEXO ED550B, DOCUMENTOS A PRESENTAR 

ABALAR MOBIL FERRAMENTA DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Toda a información no ficheiro adxunto.

PROCESO DE ADMISIÓN

Atendendo ás instruccións da Consellería de Educación debido a situación excepcional derivada do COVID-19.

APLIASE PROVISIONALMENTE o prazo de presentación de solicitudes que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

Calqueira cambio que poida xurdir neste proceso será comunicado aquí na páxina web.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias

 

Ante os acontecementos xurdidos co COVID-19 queremos facilitar a todas a familias do noso alumnado un banco de recursos para poder xestionar da mellor maneira posible a circunstancia do peche dos centro por 14 días naturais.

 

Para isto aportamos unha lista de recomendacións (nunca entendidas como traballo obligatorio) incidindo na importancia de manter unha rutina diaria cos nosos nenos e nenas para facerlles máis levadeira a situación que se producirá nestes días tan excepcionais.

 

As mestras do Cra de Dodro recomendamos como posibles actividades:

 

- Lectura de contos e elaboración de debuxos dos mesmos.

- Colaborar nas tarefas da casa (poñer a mesa, ordenar xoguetes…)

- Puzles, xogos de mesa, construción, plastilina....

- Elaboración dalgunha manualidade sinxela

- Xogos que implique algún movemento

- Cancións, bailes...

- Falar cos nenos e nenas da situación que estamos a vivir para que expresen as súas emocións, inquedanzas...

 

Tamén queremos que dende o noso blog teñades un banco de recursos on-line. Por este motivo, na marxe dereita iremos colgando diferentes enlaces de actividades interactivas, contos, videos...

Blog do centro: www.cradedodro.es

 

Gracias a todas as familias polo vosa comprensión e colaboración. O grupo de mestras que compoñen o CRA de Dodro estamos á vosa disposición a través das canles habituais de comunicación (blog,  páxina web do centro e grupos de whatsapp). Toda a información que nas próximas horas e días vaia acontecendo seravos transmitida coa máxima celeridade posible a través de ditas canles. 

 

Atendendo ao PERÍODO DE ADMISIÓN, indicar a todas as familias que seguindo as instrucións recibidas "Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases"

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21