Mochilas viaxeiras

O venres 11 de marzo comeza a volta das mochilas viaxeiras polos fogares dos nosos peques. Poderán desfrutar en familia de numerososas aventuras incluídas nos libros que van nela. Agardamos que vos guste!!

Entroido 2022

O Entroido xa pasou, pero que ben o pasamos!!! E referímonos aos peques, ás familias e, por suposto, ás mestras. Este ano afondamos nos costumes da nosa rexión e creamos os nosos traxes tradicionais galegos. Ademais, ao longo da semana, Lecra enviounos unhas mandas moi divertidas, que os cativos crearon na escola e levaron para a casa.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso Entroido!

 

Leite e froita co Fogga

No CRA participamos no Programa escolar de consumo de froitas e leite subvencionado polo FOGGA, polo que os nosos peques merendaron nestes días, diferentes froitas de tempada e un rico vaso de leite. Xa estamos agardando que chegue o seguinte periodo!!

Admisión de novo alumnado para o curso 2022-23

NORMATIVA

Decreto 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión del alumnado en los centros subvencionados con fondos públicos que impartan enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato regulados en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.

Orde do 25 de xaneiro de 2017  pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

ABERTO PRAZO DESDE O 1 AO 21 DE MARZO DE 2022. 

   

Premer para descargar o impreso de solicitude (galego ou castelán) e presentar, unha vez cuberto e asinado, na sede do CRA dentro do prazo establecido. 

 

Premer para cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual na sede do CRA, ou cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica a través de Chave365 ou certificado dixital.

 

 Durante todo o prazo tamén podedes solicitar o voso impreso en calquera das nosas escolas: Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrobe.

 

DOCUMENTACIÓN a entregar para formalizar a solicitude:

  • Impreso de solicitude ED550B.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI da nai, pai ou representante legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno (de ser o caso).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación/divorcio.

 

ENTREGA DE SOLICITUDES na sede do CRA (Estrada de Imo, 28) con CITA PREVIA e en horario de mañá, de 9:30 h. a 14:30 h.:

Tel 981 802 421

cra.dodro@edu.xunta.gal

 

IMPORTANTE

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe. 

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Reserva de praza CPI Eusebio L. Baleirón 1º de Primaria curso 2022-23

Todos/as os/as alumnos/as do noso CRA que solicitaron praza en 1º de Primaria no centro adscrito CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN para o curso 2022-23 foron admitidos/as.

O sombreiro de Murga

As nosas nenas e nenos tiveron a oportunidade de desfrutar do conto "O sombreiro de Murga" grazas á aportación da Fundación Rosalía de Castro e, especialmente, do seu presidente Anxo Angueira. Desde o CRA queremos agradecerlle a súa colaboración, xa que con estes recursos, os peques puideron coñecer máis curiosidades sobre Rosalia e a súa vinculación co Concello de Dodro. Moitas grazas!!

Hixiene dental

Unha das temáticas que estamos a traballar no CRA ao longo deste curso é o corpo humano. Un aspecto fundamental é a saúde bucodental, e para falarnos do seu coidado visitounos Maruxa, membro do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, que nos explicou, de forma moi amena e divertida, o que temos que facer para estar sans. Moitas grazas!!

 

Programa escolar de consumo de froita e leite 2021-22

Do 14 ao 25 de febreiro, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o primeiro período de reparto de froita nas nosas escolas!.

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21