Admisión de novo alumnado no CRA DE DODRO para o curso 2022-23

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS

TODOS AS NENAS E NENOS QUE SOLICITARON PRAZA NO CRA DE DODRO PARA O VINDEIRO CURSO ESTÁN ADMITIDOS. MOITAS GRAZAS.

 

Día Mundial da Saúde

Con motivo do Día Mundial da Saúde, esta semana os nenos e nenas do CRA saíron a camiñar polos arredores das escolas, recordando a importancia de manter uns hábitos de vida saudables: descansar ben, comer san e facer exercicio. Ademais, deste xeito aproveitamos para coñecer todos a contorna dos nosos coles e apreciar o que temos máis cerca: os parques, os camiños, os bosques, os hórreos,... Que ben o pasamos!!!

Tamén vimos nos mapas o camiño que faciamos e anotamos a distancia e o tempo que camiñamos. As nenas e nenos levan un caderno para as casas, por se alguén quere facer coa familia algún outro paseo e anotalo no seu caderno.

Agardamos que o desfrutedes moito!!

Días non lectivos

Voltamos ás escolas o martes 19 de abril!. Feliz Pascua!

Easter Egg Hunt

Aproveitando que se aproxima a Pascua, os nenos e nenas do CRA aprenderon sobre unha típica tradición anglosaxoa, a búsqueda de ovos de Pascua ou Easter egg hunt. Deste xeito os peques participaron neste xogo recollendo os ovos que deixou o mismísimo Easter Bunny!

Programa escolar de consumo de froita 2021-22

Do 1 ao 22 de abril, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o segundo período de reparto de froita nas nosas escolas!.

Semana da prensa

Unha das novas que máis relevancia ten na actualidade é, sen dúbida, a guerra en Ucrania. No CRA contamos cuns pequenos xornalistas que, aproveitando a Semana da Prensa, aportan a súa visión do conflito neste xornal que a continuación vos presentamos.

Día da Muller

No CRA unímonos á celebración do Día do Muller, destacando a todas as mulleres de Dodro, sobre todo aquelas que son importantes para os nosos peques. Grazas pola vosa colaboración!!

E ademais, aquí vos deixamos unha mostra dos murais que fixeron as cativas e cativos.

Tamén queremos agradecer de xeito especial ao CIM Terras de Iria o agasallo que nos fixeron para cada un dos peques e para cada escola do CRA: o libro "Os Bolechas visitan o CIM Terras de Iria". Grazas por contar con nós!

Para finalizar desexamos compartir con vós esta canción titulada "Sororidade" na que participan mulleres de Dodro, Padrón e Rois, co que o Centro de Información á Muller Terras de Iria, conmemora o Día da Muller 2022.

 

O noso Entroido en Dodro

 Qué importante é coñecer o noso contorno, sobre todo o máis próximo. En Dodro temos a sorte de contar con numerosos lugares, espazos naturais e construcións que teñen unha grande riqueza estética e cultural. Desde o CRA, coa colaboración dos nosos peques e das familias, queremos compartir estas xoias do noso Concello para que desfrutedes tamén do noso patrimonio.

Agardamos que vos guste!

Club de lectura no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Desde o CPI pídennos colaboración para difundir o seguinte aviso:

Veciñanza, familias, ex alumnado,..., no Baleirón temos novo proxecto!

Animádevos a participar con nós no CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS E CASE ADULTOS: LECTURAS ENTRETIDAS (en préstamo desde a nosa biblioteca), xuntanza para compartir e visita dos autores ou autoras, cando sexa posible.

Dentro do programa de Bibliotecas Escolares "Lectura e familias" iremos desenvolvendo diversas actuacións, pero comezamos con esta proposta.

Correde a voz! Invitade a quen desexedes! Avisade aos vosos fillos, sobriños,.., ex alumnos do centro, e xa sabedes: SE EU LEO, OS PEQUENOS LEN!

No caso de estar interesados, contactade co CPI Eusebio L. Baleirón no teléfono 881 86 70 41, e preguntade por María J. Morlán. 

Moitas grazas!!

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21