Matrícula
RESERVA DE PRAZA A CENTROS ADSCRITOS
Infórmase que TODO O ALUMNADO que solicitou praza no centro adscrito CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN para o curso 2020-21, en 1º de E. Primaria foi ADMITIDO.
Poderá consultar a lista na sede do CRA de DODRO e no interior de cada unha das escolas do CRA.
INFORMACIÓN MATRÍCULA
No documento adxunto pódese consultar toda a información relativa ao proceso de admisión.
RESERVA DE PRAZA A CENTRO ADSCRITO
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021
ESTA INFORMACIÓN VAI DIRIXIDA AO ALUMNADO QUE REMATA A ETAPA DE INFANTIL E PASA A E. PRIMARIA NO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
O alumnado de 6º de E. Infantil (5 anos) que desexen facer a reserva de praza no centro CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, deberán presentar a solicitude dende o día 1 ata o 15 de febreiro de 2020.
A presentación do ANEXO I poderase facer de maneira presencial ou telemática.
PRESENCIAL
Na sede do CRA de DODRO, de luns a venres de 10:30 a 12:30.
TELEMÁTICA
A través da páxina da Consellería no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Deberán presentarse igualmente as solicitudes telemáticas no centro.
Para calqueira consulta ou dúbida, a dirección do centro queda á disposición das familias do CRA de DODRO