Acerca deste material
Obxectivos e destinatarios
O presente curso dispoñible en formato aberto na Aula Virtual do Proxecto Webs Dinámicas [1]Está dirixido a usuarios profesores das webs dos centros educativos públicos participantes no proxecto que queiran xestionar un blog de aula ou materia.
As webs dos centros están feitas en Drupal que é un sistema de xestión de contidos (CMS).
Este sistema proporciona a posibilidade de crear automaticamente un Blog para cada un dos usuarios rexistrados da web do centro.
O obxectivo deste curso será adquirir as destrezas necesarias para o taballo en blogs de aula, creación e publicación de contidos no blog, dinamización e mantemento.
Licenza
CC (Creative Commons) Material de libre uso, distribución e edición
» O material e documentación está baixo unha Licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 España License.
- Debe respetarse o nome do autor orixianl.
- Só poden empregarse con fins non comerciais.
- Poden compartirse sempre que se faga baixo o mesmo tipo de licenza
» Todas as imaxes que aparecen foron descargadas de flikcrCC, e están baixo a mesmas condicións de licenza antes mencionadas.
» Os arquivos de vídeo que se amosan no ipod pertencen ao movemento Playing For Change movemento multimedia sen ánimo de lucro creado para inspirar, conectar e promover a paz no mundo. Mais información: http://playingforchange.com/introduction.php?lang=SP
» Os módulos de exemplo que se amosan na columna da dereita son ferramentas web 2.0. proporcionadas por servizos web gratuítos onde se poden compartir os traballos realizados.
» O módulo de SlideShare que aparece nesa columna amosa presentacións recentes subidas a este servizo web por docentes galegos que comparten o seu traballo públicamente para o aproveitamento de toda a comunidade.
Gracias a todos eles!
Notas
[1] INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO WEBS DINÁMICAS
Páxina Oficial do Proxecto: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicasContacto: websdinamicas@edu.xunta.es
O Proxecto Webs Dinámicas está desnvolvido polos Asesores ABALAR/SIEGA pertencentes á Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos dependente da Secretaría Xeral - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.