Administrando os blogs en Drupal
Administrando os blogs en Drupal
Indicacións xerais para os administradores da web acerca dos blogs e a configuración precisa para que sexan funcionais
"Administrando os blogs en Drupal" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
1. Configuración do rol "autores de blog"
É recomendable que o administrador cree un rol específico para autores de blog xa que as funcións destes e o xeito de traballar é diferente do habitual.
Os permisos que aqui se expoñen son orientativos, poden restrinxirse ou ampliarse, en calquera caso é o administrador do centro quen ten que decidir que permisos lle asigna a este rol no seu centro.
A colaboración e entendemento entre o administrador e os autores de blog é imprescindible para o funcionamento dos blogs.
Crear e configurar o rol autores de blog
-
Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios >Roles
-
Na parte inferior escribimos o nome do rol e prememos en "Engadir rol"
-
Veremos o rol engadido na lista, prememos sobre o botón "editar permisos" correspondente
-
Na xanela que se abre poderemos activar os permisos para este rol.
-
Opcións recomendadas: unha posible configuración dos permisos deste rol é a que se amosa na seguinte imaxe, nela só aparecen aqueles módulos nos que o rol ten concedido algún premiso, e amósanse resaltados aqueles que son necesarios para o bó funcionamento do blog: administar bloques, editar o blog propio, todas as opcións relativas a comentarios, acceder ao notify e cambiar o nome de usuario, ademais da maioría das opcións habituais para calquera rol de profresores do centro.
-
Unha vez marcadas as opcións prememos sobre "Gardar permisos" para gardar os cambios feitos.
Sobre o permisos de administrar bloques para os autores de blogs
- Os únicos bloques que poden modificar e /ou eliminar os autores de blog son os feitos polos propios usuarios e que non están vinculados a ningún menú taxonomizado.
- É certo que os autores de blog poderían desactivar os bloques que Drupal xera automáticamente con cada menú, pero seguirían estando aí e o administrador podería reactivalos facilmente e colocalos de novo no seu sitio.
Permisos adicionais para usuarios avanzados do rol autores de blog
Se os usuarios dos blogs teñen manexo na páxina web e se o administrador o permite pódense engadir os seguintes permisos:
-
Administrar as orixes de novas: permitiría aos usuarios crear o seu propio bloque de artigos recentes dun xeito rápido e cómodo, noutro caso dependerían do administrador para que o fixera (un para cada blog) (neste curso explícase mais adiante o modo de crear dito bloque), tamén permite elaborar taboleiros de novas ou amosar as novas RSS doutros sitios.
-
Administrar Taxonomy Themes: esto permitiría aos usuarios dos blogs poder cambiar directamente a plantilla do seu blog sen requerir a intervención do administrador, noutro caso terá que facelo o propio administrador.
-
Administar Views: isto permitiría aos usuarios dos blogs crear vistas páxina e bloque personalizadas e vistosas (explicase neste mesmo curso máis adiantes algúns exemplos como a nube de etiquetas de tagadelic ou a tracker personalizada para os blogs) En calquera caso o manexo de vistas non é nin doado nin intuitivo polo que se recomenda que esta opción se deixe só a usuarios avanzados.
É importante sinalar que ningún deste permisos da aceso a administración xeral da web, é decir aínda que lle demos estes permisos aos autores de blogs non poderán acceder ás páxinas de administración do centro o que reduce posibles problemas de seguridade.
Sen embargo dende elas se poderían modificar as opcións feitas por outros autores de blogs, polo que recomendamos que se reserven para usuarios avanazados e que colaboren habitualmente co administrador.
En especial o módulo views non é intuitivo nin doado e require un coñecemento profundo de Drupal polo que só recomendamos o seu manexo para administradores e usuarios avanzados.
Permisos para as taxonamías da web do centro do rol autores de blog
En canto aos permisos por taxonomías e salvo que o administrador estime outra cousa ou o centro teña rutinas de traballo diferentes, os autores de blog só deben ter permisos de visualización ás categorías xerais do centro, como Secretaría, O Centro, Biblioteca etc.
Si que precisan ter permisos para crear na categoría específica "etiquetas dos blogs" (a creción e funcionalidde da categoría "etiquetas dos blogs" explícase con detalle mais adiante, na sección de folksonomías)
Pasos a seguir:-
Imos a ruta: Administrar > Mantenemento de usuarios > Taxonomy Access: Permissions
-
Seleccionamos o rol “autores de blog” e editamos os seus permisos.
-
Na categoría “etiquetas dos blogs” establecemos permisos para este rol de xeito que por defecto poida "Ver", "Crear" e "Listar".
-
No resto das categorías do centro simplemente deberiamos marcar as opcións de "Ver" e "Listar"
- Prememos sobre o botón “Save category permissions” para gardar os cambios.
-
Como paso final e debido a un bug coñecido en Drupal imos a pantalla Ruta: Administar > Mantemento de usuarios > Control de acceso e aínda que non fixeramos ningún cambio nesta pantalla prememos no botón que figura ao final “Gardar permisos”.