Creación e xestión de Bloques na web do centro
Creación e xestión de Bloques na web do centro
Documentación sobe como crear e xestionar os bloques laterais que se visualizan na web do cenro e nos seus blog.
"Creación e xestión de Bloques na web do centro" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
6. Amosar no blog un bloque xeral da web do centro
Se un autor desexa amosar no seu blog un bloque específico da web do centro, por exemplo O Taboleiro de Anuncios, ou o bloque de Biblioteca o ten que seguiir os seguintes pasos:
-
Iniciar sesión co usuario autor do blog
-
No bloque de navegación premer sobre a opción "Bloques"
-
Na xanela de administración de bloques que se abre seleccionar o TEMA ou plantilla empregado no seu blog da lista amosada na parte central (este paso é moi importante para evitar facer modificacións en blogs alleos ou na propia páxina do centro)
-
Buscar na lista de bloques o bloque de inicio de sesión 2 e o bloque de navegación e comprobar que están activos e son visibles
-
Buscar na lista o bloque que se desexa amosar no blog (por exemplo o Taboleiro de Anuncios, ou o bloque de Biblioteca)
-
Activalo indicando a ubicación (columna da dereita, da esquerda...)
-
Asignarlle un peso entre -10 e 10 para estabrecer unha posición na columna (lembrar que canto mais "pesados" mais se "afunden" na columna)
-
Premer sobre a opción "Garda-los Bloques" para gardar os cambios
Lembrar
-
Posto que cada blog emprega unha plantilla diferente (é o recomendable) haberá que configurar os bloques de cada blog para a plantilla que empregue.
-
Se o autor do blog o desexa, ademais dos bloques de inicio de sesión e navegación (que deben estar sempre activos) e dos bloques creados por él mesmopode visualizar no seu blog os bloques xerais da web do centro que lle interesen