Creación e xestión de Bloques na web do centro
Creación e xestión de Bloques na web do centro
Documentación sobe como crear e xestionar os bloques laterais que se visualizan na web do cenro e nos seus blog.
"Creación e xestión de Bloques na web do centro" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
5. Blogroll
É moi habitual amosar no blog un bloque cunha lista de ligazóns a outros blogs seleccionados ou recomendados polos autores, denominada habitualmente blogroll.
Exemplo de Blogroll feito con imaxes e lista de enlaces
Imos crear un bloque no que aparezan:
- unha imaxe na parte principal que ao premer sobre ela nos leve de volta á paxina princpipal do noso blog
- Varios enlaces a outros blogs ou sitios web de interese.
Paso 1: a imaxe
- Busca a imaxe que queres empregar e a gardaa no teu equipo.
- Mide o ancho máximo da columna da plantilla do teu blog, emprega para elo o complemento measureit de Mozzilla Firefox (neste mesmo tema na sección de material complementario tes indicacións de como instalalo e do seu funcionamento).
- Edita a imaxe (podes empregar para elo GIMP, un programa de edición de imaxes de software libre e moi completo) debes reducila para que o ancho da imaxe non supere o ancho da columna.
Nota: Lembra que dispoñes do buscador de imaxes baixo licenza CC (Creative Commons) http://flickrcc.bluemountains.net/flickrCC/index.php
En xeral para a maioría das plantillas o ancho máximo non debe superar os 175 píxeles (aínda que iso varía dunhas plantillas a outras)
Paso 2: os enlaces a incluír
- Busca na web os blogs ou páxinas web educativas que queres incluír no blogroll.
- Copia as URLs
Paso 3: Crear o bloque
-
Vai a opción "Bloques" do menú de navegación
-
Na xanela que se abre (administración de bloques) busca o tema ou plantilla que emprega o teu blog (é moi importante xa que a administración dos bloques é diferente para cada plantilla e cada blog debe empregar unha plantilla diferente) No exemplo da seguinte imaxe o blog deusuario emprega a plantilla B7
-
Preme sobre a pestana "Engadir bloque"
-
Pon unha descrición ao bloque.
- No corpo emprega o navegador de imaxes (IMCE) para subir e engadir a imaxe (tal e como aprendiches no tema 2 deste curso)
-
Selecciona a imaxe e preme sobre a icona de "Insertar/editar hipervínculos" para ligala coa URL do teu blog. O xeito de estabrecer hipervínculos xa se explicou tamén no tema 2.
-
Agora teclea a lista dos blogs ou webs que vas a incluír no teu blogroll (blogs amigos). Podes empregar viñetas para unha mellor visulización do listado.
- Selecciona o texto e preme na icona de "Insertar/editar hipervínculos" para enlazalo coa URL correspondnete.
- Cando remates preme sobre "Garda-lo bloque" para gardar os cambios
Paso 4: Configuración do bloque
- Na lista de bloques da túa plantilla poderás ver agora o bloque que acabas de crear, abaixo na zona de bloques desactivados. O primeiro que debes facer é "Configurar" o teu bloque
- Indica o modo de visualización (collapsible ou normal) e o título con que queres que se amose
-
Podes indicar tamén se será visble para todos os roles ou só para algúns específicos. Se non marcas ningún rol enténdese que os marcas todos. A opción habitual é deixalo visible para todos os roles e nese caso, non marcar ningún rol específico.
- Se a plantilla que empregas é a mesma que a da web do centro, ou a de outro blog do centro, para evitar que o teu bloque se visualice fora do teu blog terás que activar a opción "Amosar só nas páxinas listadas" e escribir a ruta interna do teu blog. Noutro caso NON é necesario.
-
Preme sobre o botón "Garda-lo bloque" para gardar os cambios
Paso 5: posicionamento do bloque no blog
-
Activa o bloque (fíxate sempre que debes traballar nas opcións da plantilla ou tema do teu blog) colocándoo nalgunha das columnas laterais
- Ponlle un peso entre -10 e 10 (os elementos máis pesados se afunden e os máis lixeiros "flotan")
- Preme sobre o botón "Garda-los bloques" para gravar os cambios
- Poderás ver unha vista do aspecto que terá o bloque (lembra sempre visualiazar na túa plantilla ou tema) e facer os cambios de posición e peso que precises
- Se todo está correcto, vai ao teu blog (preme na imaxe que leva o enlace ao blog que acabas de facer) e observa o resultado final