2. Regras para un bó funcionamento e entendemento entre os usuarios dos blog

  • Os únicos bloques que poden modificar e /ou eliminar os autores de blog son os feitos polos propios usuarios e que non están vinculados a ningún menú taxonomizado.
  • É certo que os autores de blog poderían desactivar os bloques que Drupal xera automáticamente con cada menú, pero seguirían estando aí e o administrador podería reactivalos facilmente e colocalos de novo no seu sitio.

Para os autores de blogs do centro

  • NON modificaremos, NON tocaremos, NON experimentaremos ... cos bloques alleos.
  • Tampouco copiaremos sen permiso. O plaxio é moi pouco "elegante" a adoita a sentar mal ao autor orixinal da idea. Se vas poñer algo de outro: cita a ese outro.
  • Ninguén debe borrar ou eliminar os bloques feitos por outros.
  • Se un usuario creou un bloque e o amosou no noso blog NON o borraremos. Falaremos co despistado para pedirlle que o faga visible só no seu blog.
  • Se non sabes o qué é, ou non sabes cómo funciona ou non sabes para que sirve... NON O TOQUES!